Francis Willughby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francis Willughby
FrancisWillughby.jpg
Nacemento22 de novembro de 1635
 Warwickshire
Falecemento3 de xullo de 1672
 Wollaton Hall
Causatuberculose
SoterradoChurch of St John the Baptist, Middleton
NacionalidadeInglaterra
Alma máterTrinity College, Universidade Harvard e Bishop Vesey's Grammar School
Ocupaciónornitólogo, ictiólogo e naturalista
PaiSir Francis Willoughby
NaiLady Cassandra Ridgeway
CónxuxeEmma Barnard
FillosCassandra Willoughby, Duquesa de Chandos, Thomas Willoughby, 1.º Barão de Middleton e Sir Francis Willoughby, 1st Bt.
Coñecido porOrnithologia libri tres
editar datos en Wikidata ]

Francis Willughby, nado en Middleton Hall (Warwickshire) o 22 de novembro de 1635 e finado o 3 de xullo de 1672, foi un ornitólogo e ictiólogo inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Sir Francis Willughby, estudou no colexio de Sutton Coldfield e no Trinity College, Cambridge.

En Cambridge foi alumno de John Ray. En 1662 ambos viaxaron á costa oeste de Inglaterra para estudar o aniñamento das aves mariñas. Entre 1663 e 1666 percorreron Europa xuntos, viaxando a través de Holanda, Alemaña, Suíza e Italia. En Nápoles separáronse e Willughby volveu a través de España. Ao volver a Inglaterra fixeron plans para publicar os seus estudos. Willughby morreu durante a preparación do traballo pero Ray publico a obra de Willughby Ornithologia libri tres en 1676, cunha edición en inglés dous anos despois. Este traballo considérase o comezo da ornitoloxía científica en Europa, revolucionando a taxonomía ao organizar as especies de acordo coas súas características físicas. Ray tamén publicou a obra de Willughby De Historia piscium (1686).

En 2003 o estudo científico dos xogos foi publicado (co nome de Francis Willughby's Book of Games) facendo dispoñible para o gran público por primeira vez unha descrición detallada dun conxunto de xogos do século XVII. Esta foi a primeira obra deste estilo en inglés e é comparable á obra Libro dos xogos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]