Francesco Camilliani
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1530 (Gregoriano) ![]() Florencia, Italia ![]() |
Morte | 13 de outubro de 1576 (Gregoriano) ![]() Florencia, Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor, arquitecto ![]() |
Obra | |
Obras destacables
|

Francesco Camilliani, nado en Florencia en 1530 e finado na mesma vila o 13 de outubro de 1576, foi un escultor toscán do Renacemento.
Fixo os seus estudos en Florencia con Baccio Bandinelli. O fillo de Francesco, Camillo Camilliani, tamén foi escultor en Palermo.
Obras
[editar | editar a fonte]Entre as realizacións máis salientables de Francesco Camilliani, está a Fonte de auga da Piazza Pretoria, en Palermo. Esta obra, inicialmente construída para o xardín da Vila florentina de Pietro di Toledo entre 1554 e 1555, foi finalmente adquirida polos gobernadores de Palermo e instalada alá. As esculturas da fonte representan unhas fábulas, de monstros e ninfas, todos cuspindo xogos de auga que se cruzan entre eles formando unhas fervenzas. Noutrora chamada « fonte da vergoña » polas estatuas femininas núas que a rodean, non obstante é un dous poucos exemplos de arte do Cinquecento en Palermo.