Fran del Buey
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2020) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() | As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Fran del Buey | |
---|---|
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fran del Buey é un activista social e avogado galego, nado en Compostela e criado no bairro de Vite. BARRIO Inicia a súa andaina no Barrio Compostelano de Vite con so 17 anos, nese tempo foi cofundador primeiro da Asociación Xuvenil de Vite, logo da Asociación preSOS galiza (xunto con Toni o Vaca, Tone e Ignacio, todos falecidos) e como consecuencia axuda a fundar no mesmo barrio a Coordenadora do Barrio de Vite. Neste período se iniciaran proxectos como "Comisión de mozos/as contra o desemprego (1989)" actividade de traballo de base consistente na formación laboral, os dereitos e a organización horizontal. Tamén participa na refundación da Radio Kalimera onde manteria en antena dous programas durante un longo período de tempo (con presa e ao tolo, SOS mensaxe nunha botella), neste período 1989-1995, participa activamente na creación do xornal do barrio "nos os ben-ditos" e Curriculum Vite; asemade o grupo laboral muda o seu nome e pasa a denominarse "Formigueiro GL" sendo o que hoxe se consideraría unha cooperativa social, realizando actividades de formación en pintura, fontanería, electricidade, persianas etc, a par que o grupo de rapaces e rapaces do barrio reciben formación en dereitos , outras iniciativas etc. No barrio tamén se desenvolven actividades de lecer e tempo libre, impulsando a creación da Asociación Ollomol xunto con amigos e veciños da infancia, con este colectivo inícianse por primeira vez no barrio actividades de lecer, campamentos, entroidos etc. Colabora nesta época dende 1987 ate o ano 1995 na Asociación Paxaríños (traballo cos rapaces y rapazas do rual para achegalos ao mar) epóca que ten unha gran influencia na súa vida polo coñecemento de persoas voluntarias procedentes de toda Galicia, neste período é representante da citada Asociación Paxariños na constitución do Consello da Xuventude de Galicia. INSUBMISIÓN
CARCERES E VIH
OKUPACIÓN Secretario de Superando a Sida e do Comité Antisida de Lugo, patrono fundador da Fundación Sen esquencer e un dos creadores de Nais contra a impunidade. Asociación A Casa Encantada
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Conta cun intenso labor como asesor xurídico e activista da asociación PreSOS Galiza, Red Superando el Sida, desde onde conseguiu o recoñecemento de dereitos para presos afectados por VIH, Nais contra a impunidade, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), e o servizo xurídico A Sensu Contrario de Santiago de Compostela.
Desde a súa perspectiva o dereito e a educación social non teñen fronteiras definidas para actuar contra a exclusión social.
A sensu contrario nace como resposta ante a problemática primeiro social de persoas con risco de exclusión pero pouco a pouco foi abarcando máis parámetros: a problemática de xénero coa violencia contra a muller, a das persoas con problemas con discapacidade etc. fronte a un mundo perfecto que non dá cabida a aquelas persoas que non as considera capaces. A problemática das persoas que veñen doutras fronteiras, e das persoas que se senten en definitiva explotadas en todos os ámbitos. […] Moito do que facemos leva parámetros de escoita activa, de situacionismo sociolóxico, formación colaborativa e intercambio de roles. Todo isto nun contexto tan complicado como é o mundo do dereito. […] Primeiro temos as actuacións individualizadas da xente que trae problemas de ámbitos específicos, como poden ser problemas de discapacidades, de violencia contra a muller e despois tamén temos a nosa actuación como colectivo. Intentamos intervir e asesorar a outros colectivos e asociacións dentro do que a súa problemática. Por exemplo no mundo da discapacidade intelectual aportamos estratexias e solucións a estes colectivos para que por elas mesmas saiban tecer unha resposta.[1]
Estivo imputado en diversas accións por mor do seu activismo contra a represión policial: por abuso policial,[2] por inxurias contra a garda civil no Caso Diego Viña, que afectou a quince integrantes de Nais contra a impunidade. Ten impartido obradoiros de autodefensa xurídica e intervén a miúdo en xornadas e actos relacionados co activismo a prol das persoas presas. Tamén adoita participar no activismo social en Santiago de Compostela, como a protesta polo peche da Cociña Económica no verán, baixo o lema: “A fame non ten vacacións. A cociña económica pecha no agosto”,[3] contra o peche da Casa Encantada, onde tiñan a súa sede PreSOS Galiza e a Marcha Mundial das Mulleres.[4]
Actividades reseñables na loita carcelaria polos dereitos das persoas presas (torturas, vih sida, menores)
- En representación da entidade preSOS Galiza foi a persoa asinante da DECLARACIÓN DE BARCELONA do “PROYECTO EUROPEO "CHALLENGE". (Contract nº CIT1-CT-2004-506255- Proyectos de investigación y monitoreo del Sistema Penal PRIVACIÓN DE LIBERTAD Y DERECHOS HUMANOS). Septiembre 2004.
- http://investigaccio.org/ospdh/es/page/changing-landscape-european-liberty-and-security-challenge
- http://www.nodo50.org/tortura/varios/Privacion_Libertad-Challenge.pdf
- Foi Informador do “Estudio Fipse sobre discriminación arbitraria de las personas que viven con VIH o SIDA”, (Estudo realizado polo Instituto de Dereitos Humans Bartolomé de las Casas da Universidade Carlos III de Madrid coa colaboura de Cruz Bermella).
http://www.fipse.es/vtaxon/ax_remote/sHaTTvhpVc_drQ05pdPtPFewqmFHNM9eEw0FVG7OFL9EB9ZNPrNeRc_R5JtxWj8MDENpATgEhHbYEEiaF6frefIEZlPhjwJwLTEwzKvOcAB4IE008 Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.
Publicacións[editar | editar a fonte]
- “Sida + Cárcel = Pena de muerte. ¿También ‘nunca máis’?”, Panóptico: contra la cultura carcelaria, 6, 2003, p. 43.
- “Sindicatos de prisiones en Galiza: sindicatos de clase o ¿qué clase de sindicatos?”, Panóptico: contra la cultura carcelaria, 7, 2005, p. 182.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Entrevista a Fran del Buey, asesor do Ceesg". Ceesg. 12-12-2017. Consultado o 18-07-2018.
- ↑ "Denunciante denunciado" (PDF). Esculca. Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades. Consultado o 18-05-2019.
- ↑ Salgado, Daniel (2007-08-12). "Reportaje: La parte de atrás de agosto". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-18.
- ↑ "Desaloxan a Casa Encantada". Vieiros. Consultado o 2019-05-18.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Artigo de Fran del Buey, “Sida + Cárcel = Pena de muerte. ¿También ‘nunca máis’?”[3]
- Entrevista con Fran del Buey e Manuel Garrido sobre os rexistros da Sida, La Radio Liberada.[4]
- Entrevista a Fran del Buey.[5][6]
- Intervención de Fran del Buey en Galiza Ano Cero, 2013.[7] https://vimeo.com/79484904