Frédéric de Lafresnaye
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1783 Falaise, Francia |
Morte | 14 de xullo de 1861 Falaise, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía e entomoloxía |
Ocupación | ornitólogo, entomólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Lafresnaye |
Outro | |
Título | Barón |
Cónxuxe | Isaure Guéneau de Montbéliard |
Fillos | Christian André de La Fresnaye |
Premios | |
Ordre national de la Légion d'honneur | |
Lista
|
O barón Nöel Frédéric Armand André de Lafresnaye, nado o 24 de xullo de 1783 en Falaise (departamento de Calvados, na antiga rexión da Baixa Normandía), e finado o 14 de xullo de 1861 na mesma localidade, foi un ornitólogo e coleccionista francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lafresnaye era dunha familia aristocrática que residía no Castelo de La Fresnaye, en Falaise. Mostrou un interese temperán pola historia natural, particularmente pola entomoloxía. Despois de adquirir unha colección de paxaros europeos, centrou a súa atención cara á ornitoloxía. Lafresnaye describiu varias novas especies de aves, algunhas con Alcide d'Orbigny. Logrou reunir unha colección de máis de 8 000 aves na súa casa.
Foi membro da Academia das Ciencias de Turín. Despois da súa morte esta colección comprouna o recolledor estadounidense Henry Bryant, que a doou á Sociedade de Historia Natural de Boston.
Epónimos
[editar | editar a fonte]Algunhas especies dedicadas a Lafresnaye son:[1]
- Lafresnaya lafresnayi (Boissonneau, 1840)
- Picumnus lafresnayi Malherbe, 1862
- Gallirallus lafresnayanus Verreaux et DesMurs, 1860
Algunhas das descritas por este autor son:
- Malacoptila panamensis en 1847
- Xenopirostris xenopirostris en 1850
- Forpus conspicillatus en 1848
Así mesmo, foi o descritor do xénero Acanthisitta, en 1842.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Lafresnaye emprégase para recolñecer a Frédéric de Lafresnaye como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bo Beolens & Michael Watkins (2003): Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. Yale University Press. ISBN 978-0-3001-0359-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Thomas Edward Penard (1945): "Lafresnaye". The Auk 62: 227-233.[1]
- Auguste Ménégaux & Carl Eduard Hellmayr (1906): "The Supposed Types in the Lafresnaye Collection". The Auk 23 (4): 480-483.[2]
- Erwin Stresemann (1951): Die Entwicklung der Ornithologie. Von Aristoteles bis zur Gegenwart. Aachen: Limberg Hans oHG Lesezirkel-Verlag.
- Barbara Mearns & Richard Mearns (1998): The Bird Collectors. Academic Press. ISBN 0-1248-7440-1.
- Barbara Mearns & Richard Mearns (2003): Audubon to Xantus: The Lives of Those Commemorated in North American Bird Names, Bertrams. ISBN 978-0-1248-7423-7.
- Valérie Chansignaud (2009): The History of Ornithology. New Holland. ISBN 978-1-8477-3433-4.
- Paul Lawrence Farber (1996): Discovering Birds: The Emergence of Ornithology as a Scientific Discipline, 1760-1850. Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5537-5.
- Jules Verreaux (1863): Catalogue des oiseaux de la collection de feu Mr. le Baron de Lafresnaye de Falaise.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Auk Thomas Edward Penard: Lafresnaye Arquivado 14 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ The Auk Auguste Ménégaux, Carl Eduard Hellmayr: The Supposed Types in the Lafresnaye Collection Arquivado 14 de xuño de 2011 en Wayback Machine.