Fotorreceptor (bioloxía)
Xeneralidades
[editar | editar a fonte]En bioloxía, segundo o contexto, o termo fotorreceptor pode designar a:
- unha neurona sensorial sensíbel á luz que se encontra na capa posterior da retina (denominádose entón célula fotorreceptora ou neurona fotorreceptora), ou
- unha molécula que asegura a transdución da enerxía luminosa nun sinal bioquímico no seo dunha célula fotorreceptora.
Neuronas fotorreceptoras
[editar | editar a fonte]Clases de neuronas fotorrecpetoras
[editar | editar a fonte]As neuronas fotorreceptoras poden, grazas á súa capacidade de adaptación, responder ás moi débiles intensidades luminosas que entran no ollo (en condicións experimentais precisas, un só fotón pode ser suficiente para estimulals). Existen dous tipos:
- os conos, para respostas rápidas e sensíbeis dependendo do seu a diferentes gamas de lonxitude de onda da luz e, polo tanto, permiten ver as cores, pero tamén para ter unha visión clara (alta agudeza visual), e
- os bastóns, ou bastonetes, de resposta máis lenta e máis grande, dos que hai un só tipo (pero que ten máis pigmentos fotorreceptores que os conos) que permiten a visión nocturna, pero non a visión das cores. Tamén permiten a visión periférica.
(Ver tamén célula ganglionar retinal fotosensible).
Propiedades funcionais das neuronas fotorreceptoras
[editar | editar a fonte]As neuronas fotorreceptoras converten, por un proceso fotoquímico, a enerxía luminosa nun sinal neuroquímico. Teñen a característica fisiolóxica de estaren continuamente activadas en ausencia de estímulos. A resposta analóxica dos fotorreceptores á potencia luminosa segue aproximadamente unha lei logarítmica.
Transmiten esta actividade a través das súas sinapses coas células bipolares e horizontais, de tal maneira que a actividade destas células na superficie retiniana forman unha imaxe. Este sinal propágase entón a través das células bipolares até as células ganglionares. As células horizontais e as amácrinas desempeñan un papel importante propagando o sinal lateralmente na retina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nicholls, John G.; A. Robert Martin; Bruce G. Wallace; Paul A. Fuchs (2001). From Neuron to Brain. Sunderland, Mass: Sinauer Associates. ISBN 0-87893-439-1.
- Masland RH (2001). "The fundamental plan of the retina". Nat. Neurosci. 4 (9): 877–86. PMID 11528418. doi:10.1038/nn0901-877.