Fotometría fotoeléctrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fotometría fotoeléctrica é unha técnica de fotometría, a rama da óptica que se dedica a medir o brillo dos obxectos; no caso da fotometría referida á astronomía dedícase a medir o brillo dos diferentes corpos celestes.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento da técnica[editar | editar a fonte]

Comezou a desenvolverse a inicios do século XX, máis concretamente cos pioneiros traballos de Joel Stebbins con células de selenio montadas no foco de grandes telescopios. Do ano 1907 data o seu Determination of the Moon's Light with a Selenium Photometer (Astrophysical Journal, vol. 26, p. 326), un primeiro traballo sobre a medición da intensidade da luz lunar cun rudimentario fotómetro aplicado a un galvanómetros (o cal actuaba como elemento rexistrador, ao cuantificar a corrente producida).

A mellora na sensibilidade do equipo permitiulle, en 1910, poder rexistrar cambios nunha estrela variábel, proeza reflectida na súa The measurement of the light of stars with a selenium photometer, with an application to the variations of Beta Persei (Astrophys. J., 32, 185-214).

Cambios entre os anos 1930 a 1950[editar | editar a fonte]

Nos anos 1930 e 1940 o fotómetro mellorou, ao aplicarse novos semiconductores máis sensíbeis, e nos anos 1950 consolidouse o primeiro sistema fotométrico (UBV), definíronse os filtros fotométricos (azul ou banda B, verde ou banda V etc.) e comezaron os estudos fotométricos serios.

Fotómetros dos anos 1970[editar | editar a fonte]

Máis recentemente (finais dos anos 1970) comezouse a comercializar un fotómetro bastante alcanzable para os afeccionados, o OPTEC modelo SSP-5, co cal mesmo telescopios de 20-30 cm de abertura podían comezar a efectuar os seus primeiros traballos de estrelas e planetas medianamente brillantes (neste último caso mesmo Plutón). Dependendo da calidade do ceo local, a apertura do diafragma e outras consideracións instrumentais, a magnitude límite para este instrumento está entre a 12ª e a 14ª cunha precisión de centésimas de magnitude.

Actualidade[editar | editar a fonte]

Após a entrada no mercado das novas cámaras CCD a fotometría fotoeléctrica viuse relegada a uns poucos campos, xa que a fotometría CCD é máis rápida e precisa, obténdose xa precisións de milésimas de magnitude con calquera telescopio de afeccionado: o límite de magnitude baixou por encima da magnitude 18-19 en telescopios de só 20 cm de abertura podéndose chegar, con ceos escuros e exposicións de 600 segundos, á magnitude 22ª; isto permite que se poidan efectuar gran cantidade de estudos fotométricos (curvas de luz de estrelas variables, cometas ou asteroides) ou colorimétricos (índice de cor B - V, V - Rc ou mesmo fotometría Ic) antes reservados a grandes telescopios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Técnicas experimentales en Astrofísica - Fotometría" (PDF). Universidad Complutense ; Jaime Zamorano - Físicas UCM. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de maio de 2022. Consultado o 1 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Artigos pioneiros

  • The Brightness of Halley's Comet as Measured with a Selenium Photometer, (1910), Joel Stebbins, Astrophysical Journal, vol. 32, p. 179.
  • The Illumination-Current Relationship in Potassium Photoelectric Cells, (1914), Herbert E. Ives, Astrophysical Journal, vol. 38, p. 428.
  • Photometry, photoelectric, Preliminary note on the application of, to astronomy, (1919), Lindemann, A. F., Lindemann, F. A., Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 79, p. 343.
  • A photoelectric study of Algol, (1921), Joel Stebbins, Astrophys. J., 53, 105-120.
  • Photoelectric Magnitudes and Colors of Extragalactic Nebulae, (1937), Joel Stebbins e Albert Whitford, Astrophysical Journal, vol. 86, p. 247.
  • The Electric Photometry of Stars, (1940), Joel Stebbins, Publications of the Astronomical Society of the Pacific, Vol. 52, Nº. 308, p. 235.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]