Fotón escuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Partícula teorizada como posible constituínte da materia escura. Como os fotóns, serían partículas de intercambio de forzas. A diferenza deles, terían masa, aínda que moi pequena.[1]

No 2021 estase a usar aparellos optomecánicos para procurar a súa detección, axustando a frecuencia de vibración do aparello (chamado tambor optomecánico,'optomechanical drum') coa masa esperada do fotón escuro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johnson-Groh, Mara. "Drumming up dark photons". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2021-08-26.