Fosfatase ácida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Fosfatase ácida
Identificadores
Número EC 3.1.3.2
Número CAS 9001-77-8
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBsum

A fosfatase ácida (EC 3.1.3.2, denominadas cos nomes fosfomonoesterase ácida, fosfomonoesterase, glicerofosfatase, monofosfatase ácida, fosfohidrolase ácida, fosfomonoéster hidrolase ácida, uteroferrina, nucleósido difosfato fosfatase ácida, monoéster ortofosfórico fosfohidrolase (óptimo ácido)) é un encima do tipo das fosfatases, utilizado para quitar grupos fosforilo unidos a outras moléculas durante a dixestión intracelular. Pode ser clasificada como unha fosfomonoesterase. A fosfatase ácida almacénase nos lisosomas e funciona cando estes se fusionan con endosomas, os cales durante o seu funcionamento están acidificados; polo que o encima ten un pH óptimo ácido.[1] Este encima está presente en moitas especies de animais, plantas e microorganismos.[2]

Atópanse diferentes formas de fosfatase ácida en distintos órganos, e os seus niveis no plasma utilízanse para avaliar o éxito do tratamento cirúrxico do candro de próstata e no pasado para o seu diagnóstico.[1]

Rangos de referencia para análises de sangue, nos que se indican as fosfatases ácidas en vermello á esquerda.

A fosfatase ácida cataliza as seguintes reaccións a un pH óptimo ácido (inferior a 7):

Monoéster ortofosfórico + H2O → alcohol + H3PO4

Os encimas fosfatases on tamén utilizados polos microorganismos que viven no solo para acceder os nutrientes que teñen fosfatos unidos a compostos orgánicos. Pode utilizarse unha proba para medir as taxas de actividade destes encimas para estimar a demanda biolóxica de fosfatos no solo.

Certas bacterias como Nocardia asteroides, poden degradar este encima cando están no interior de macrófagos murinos e utilizalo como fonte de carbono, o que potencia o seu crecemento.[3]

Fosfatases ácidas óseas[editar | editar a fonte]

A fosfatase ácida resistente ao tartrato pode utilizarse como marcador biolóxico da función dos osteoclastos durante o proceso de resorción ósea.[4]

Xenes[editar | editar a fonte]

Os seguintes xenes codifican os compoñentes polipeptídicos para varios isoencimas de fosfatase ácida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Henneberry, M.O.; Engel, G.; Grayhack, J.T. (outubro de 1979). "Acid phosphatase". The Urologic clinics of North America (en inglés) 6 (3): 629–41. Consultado o 11 May 2015. 
  2. Bull, H.; Murray, P.G.; Thomas, D.; Fraser, A.M.; Nelson, P.N. (abril de 2002). "Acid phosphatases". Molecular Pathology (en inglés) 55 (2): 65–72. Consultado o 11 de maio de 2015. 
  3. L Beaman, M Paliescheskey, e B L Beaman. Acid phosphatase stimulation of the growth of Nocardia asteroides and its possible relationship to the modification of lysosomal enzymes in macrophages. Infection and Immunity. 1988 Jun; 56(6): 1652–1654. PMCID: PMC259451 [1]
  4. Minkin, Cedrick (1982). "Bone Acid Phosphatase: Tartrate-resistant Acid Phosphatase as a Marker of Osteoclast Function". Calcified Tissue International (en inglés) 34: 285–290. Consultado o 11 de maio de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]