Forth Wanderers
Forth Wanderers | |
---|---|
Orixe | Montclair, Nova Jersey, |
Período | 2013 - presente |
Xénero(s) | indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Sub Pop Records |
Membros | Ava Trilling Ben Guterl Duke Greene Noah Schifrin Zach Lorelli |
Na rede | |
Bandcamp |
Forth Wanderers é unha banda estadounidense de indie rock de Montclair, Nova Jersey, formada en 2013. O grupo está composto pola vocalista Ava Trilling, o guitarrista e compositor Ben Guterl, o guitarrista Duke Greene, o baixista Noah Schifrin e o batería Zach Lorelli.
Historia
[editar | editar a fonte]A banda naceu cando os seus membros aínda ían ao Montclair High School. Forth Wanderers autoeditou o seu primeiro EP, Mahogany, en 2013,[1] seguido polo mini-álbum Tough Love en 2014.[2] Tras conseguir un éxito moderado na escena DIY, incluída unha mención en Twitter da cantante Lorde,[3] o grupo publicou o seu segundo EP, Slop, en 2016.[4] O EP foi co-editado entre Father/Daughter Records os Estados Unidos e Marathon Artists no Reino Unido. En marzo de 2017 a banda tocou no festival South by Southwest.[5]
En 2018, Forth Wanderers fichou polo selo independente Sub Pop e o 27 de abril dese ano lanzou o seu primeiro álbum de estudio, Forth Wanderers. O disco foi producido e gravado en Filadelfia en cinco días no verán de 2017.[6] O disco recibiu unha nota de 7,7 en Pitchfork[7] e Stereogum situouno no posto 20 na súa lista dos 50 mellores álbums de 2018.[8]
No verán de 2018 a banda tiña programada unha xira polos Estados Unidos para promocionar o álbum, durante a cal ía tocar no Festival Shadow of the City de Jack Antonoff e no Festival Made in America de Jay-Z.[6] O día antes de comezar a xira, o 26 de xuño, o grupo publicou un comunicado escrito por Trilling nas súas páxinas de Facebook e Twitter anunciando que cancelaban a xira debido a un "problema de saúde mental diagnosticado recentemente".[9] O mes seguinte publicaron outro comunicado dicindo que tomarían un descanso no "futuro inmediato".[10]
En maio de 2019 Trilling escribiu un artigo para Vice onde detallaba a súa experiencia ao tratar un trastorno de pánico mentres estaba nunha banda DIY e explicou ademais o seu razoamento para cancelar a xira.[11] A banda non publicou música nova dende Forth Wanderers, aaínda que o compositor e guitarrista lanzou un EP baixo o nome de Ben Special en 2019.[12]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Tough Love | 2014 | autoeditado |
Forth Wanderers | 2018 | Sub Pop Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mahogany, by Forth Wanderers". Forth Wanderers (en inglés). Consultado o 2023-10-23.
- ↑ "Tough Love, by Forth Wanderers". Forth Wanderers (en inglés). Consultado o 2023-10-23.
- ↑ "How Forth Wanderers Made An Indie Rock Record For The Ages". Stereogum (en inglés). 2018-04-23. Consultado o 2023-10-23.
- ↑ "Slop, by Forth Wanderers". Forth Wanderers (en inglés). Consultado o 2023-10-23.
- ↑ "Forth Wanderers". SXSW 2023 Schedule (en inglés). Consultado o 2023-10-23.[Ligazón morta]
- ↑ 6,0 6,1 "Forth Wanderers share official video for “Taste” from their acclaimed self-titled debut - Headline US Tour begins this Wednesday, June 27th". Sub Pop Records (en inglés). Consultado o 2023-10-23.
- ↑ Lozano, Kevin. "Forth Wanderers: Forth Wanderers". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-10-23.
- ↑ "The 50 Best Albums Of 2018 So Far". Stereogum (en inglés). 2018-06-06. Consultado o 2023-10-23.
- ↑ "Forth Wanderers Cancel Tour". Stereogum (en inglés). 2018-06-26. Consultado o 2023-10-23.
- ↑ "Forth Wanderers". www.facebook.com. Consultado o 2023-10-23.
- ↑ Trilling, Ava (2019-03-11). "Forth Wanderers' Ava Trilling on Touring with Panic Disorder". Vice (en inglés). Consultado o 2023-10-23.
- ↑ "Ben Special". Ben Special (en inglés). Consultado o 2023-10-23.