Lorde
Lorde | |
---|---|
![]() Lorde nos ARIA Music Awards de 2013. | |
Nome completo | Ella Marija Lani Yelich-O'Connor |
Data nacemento | 7 de novembro de 1996 (26 anos) |
Nado en | Takapuna |
Ocupación | Cantautora |
Xénero | Art pop, indie pop, minimal, electrónica, electropop |
Instrumento(s) | Voz |
Selo(s) discográfico(s) | Universal, Republic, Lava |
Tempo en activo | Dende 2012 |
Pseudónimo | Lorde |
Na rede | |
www.lorde.co.nz | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ella Maria Lani Yelich-O'Connor,[1] nada en Devonport, North Shore, Rexión de Auckland, Nova Zelandia, o 7 de novembro de 1996, máis coñecida polo seu nome artístico Lorde (ˈlɔrd),[2] é unha cantautora neozelandesa. O seu primeiro EP, The Love Club, foi lanzado o 22 de novembro de 2012, e o seu primeiro sinxelo, "Royals", debutou no número un do top corenta de Nova Zelandia, e tamén acadou o primeiro posto na Billboard Hot 100 por nove semanas en 2013, converténdose na primeira artista neozelandesa en conseguilo.
O seu álbum de estrea, Pure Heroine, foi estreado o 27 de setembro de 2013 e a finais dese mesmo ano foi nomeada ao Grammy en catro categorías,[3] gañando dous dos premios.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Pure Heroine | 2013 | Lava, Republic |
Melodrama | 2017 | Lava, Republic |
Solar Power | 2021 | Universal Records |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Lorde — Beginnings (VEVO LIFT): Brought To You By McDonald's". Youtube.com. 7 de outubro de 2013. Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ Rachel Sanders (26 de abril de 2013). "Listen To This Teen Singer From New Zealand Right Now". Buzzfeed. Consultado o 7 de maio de 2013.
- ↑ "Lorde cantará en especial de nominaciones a Grammy". El Nacional (Venezuela). 4 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2013. Consultado o 5 de decembro de 2013.
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |