Folga do aceite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñécese como Folga do aceite á que foi a primeira folga obreira salientable que se organizou en Galicia durante o franquismo. O conflito comezou o 27 de xuño de 1946 ao principiaren os obreiros do estaleiro militar de Ferrol un paro como protesta pola redución do racionamento do aceite. Aos dous días os militares botaron os traballadores concentrados nas instalacións militares. Dun cadro de persoal de 6000 traballadores, 300 foron despedidos, aínda que a maioría volveu ser admitida posteriormente. Detívose a 50 persoas e as autoridades procesaron 14 persoas por sedición, entre eles Julio Aneiros Fernández e Segundo Vilaboy Martínez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]