Flora de Dios Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFlora de Dios Rodríguez
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata (109/110 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata

Flora de Dios Rodríguez, nada en Padrón cara a 1914, foi unha conserveira e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conserveira veciña de Toural-Teis (Vigo). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida. Xulgada na causa 807/36 por rebelión nun consello de guerra celebrado en Vigo o 16 de outubro xunto cunha compañeira,[1] sendo defendida por José Queizán Hermida.[2] Foi condenada a 12 anos de prisión. Instruíronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Diario de Pontevedra, 16-10-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 16-10-1936, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 27-6-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]