Flora Veiga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1938 (86 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, política |
Flora Veiga Aldariz, nada en Lugo o 8 de xaneiro de 1938, foi unha mestra e política galega, unha das tres primeiras mulleres en sentar no Parlamento de Galicia (1981-1983).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestra de profesión, tivo entre os seus destinos Vilalba[1]. Logo pasou a ser inspectora de educación durante os últimos anos do franquismo, e na transición foi nomeada delegada do Ministerio de Educación e Ciencia en Ourense (1976). Posteriormente, a finais de (1977) deixou a delegación ourensá pola luguesa[2].
Nas primeiras eleccións autonómicas o seu nome figurou na terceira posición da lista electoral de UCD por Lugo, e resultou elixida. Foi unha das tres mulleres da Cámara, con Enma González Bermello e Carmen Lovelle. En 1983 presentou a súa renuncia e abandonou a carreira política[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ XIZ, XULIO, A escola dos Vilares, Galicia Digital, 29/4/2009.
- ↑ Aprobada la firma del nuevo tratado con Portugal, ABC, 19/11/1977, p.3 (pdf).
- ↑ VÁZQUEZ LORENZO, ALEXANDRE. La autonomía, en femenino. El País, 18/7/2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 215–217. ISBN 84-7507-044-2.