Flora Gomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flora Gomes
Nacemento13 de decembro de 1949 e 31 de decembro de 1949
Lugar de nacementoTombali
NacionalidadeGuinea-Bisau
Etnianegro
Alma máterICAIC
Ocupacióndirector de cinema, actor e guionista
Coñecido porMortu Nega
Na rede
IMDB: nm0326884 Allocine: 24971 Allmovie: p204640 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Flora Gomes, nado en Cadique o 31 de decembro de 1949[1] é un director de cinema de Guinea Bissau.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os seus estudos de secundaria en Cuba e despois decidiu estudar cinema no Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas da Habana.

Rodado catorce anos despois da independencia, Mortu Nega de Gomes (1988)[2] foi o primeiro filme de ficción e o segundo filme xamais producido en Guinea-Bissau (sendo o primeiro N’tturudu do director Umban u’Kest en 1987). En FESPACO de 1989, o filme gañou o prestixiouso premio Oumarou Ganda. Mortu Nega está rodado en Crioulo de Guinea-Bissau con subtítulos en inglés.

En 1992, Gomes dirixiu Udju Azul di Yonta,[3] que se estreou na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cine de Cannes de 1992.[4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 1976 - O Regresso de Cabral (curtametraxe documental)
  • 1977 - A Reconstrução, codirixido con Sergio Pina (mediametraxe documental)
  • 1978 - Anos no Oça Luta, codirixido con Sergio Pina (curtametraxe documental)
  • 1987 - Mortu Nega
  • 1992 - Udju Azul di Yonta
  • 1994 - A máscara (curtametraxe documental)
  • 1996 - Po di Sangui
  • 2002 - Nha Fala
  • 2007 - As duas faces da guerra, codirixido con Diana Andringa (longametraxe documental)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Flora Gomes en IMDB
  2. Mortu Nega en California Newsreel
  3. Udju Azul di Yonta at California Newsreel
  4. festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Udju Azul di Yonta". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2009.