Florín húngaro
Aparencia
Florín húngaro | |
---|---|
Magyar forint en húngaro | |
Código: | HUF |
Ámbito: | Hungría |
Símbolo: | Ft |
Fracción: | 100 fillér (fora de circulación) |
Moedas: | 5, 10, 20, 50, 100, 200 HUF |
Billetes: | 200, 500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 20.000 HUF |
Emisor: | Banco Nacional de Hungría |
Taxa de troco: 02-12-2009 | 1 EUR = 270,645 HUF 1 USD = 179,600 HUF |
O forint[1] ou florín húngaro[2] (en húngaro: forint) é a moeda de uso oficial en Hungría. Un forint divídese en 100 fillér (división só teórica: o fillér xa non está en circulación). O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é HUF e a súa abreviatura Ft.
Moedas
[editar | editar a fonte]As moedas en circulación responden ás seguintes características técnicas:
Denominación | Acuñada dende |
Metal | Diámetro (mm.) |
Peso (gr.) |
Canto | Anverso | Reverso | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anel | Centro | |||||||
5 Forint | 1990 | CuNiZn | 21,20 | 4,20 | Liso | Garza | Valor facial | |
10 Forint | 1990 | CuNi | 24,80 | 6,10 | Descontinuo | Escudo nacional | Valor facial | |
20 Forint | 1990 | CuNiZn | 26,30 | 6,90 | Estriado | Planta | Valor facial | |
50 Forint | 1990 | CuNi | 27,40 | 7,60 | Liso | Escudo nacional | Valor facial | |
100 Forint | 1996 | CuNi | Latón | 23,80 | 8,00 | Estriado | Escudo nacional | Valor facial |
200 Forint | 2009 | CuNiZn | CuNi | 28,30 | 9,00 | Descontinuo | Ponte | Valor facial |
As moedas de 1 e 2 forint foron retiradas da circulación o 1 de marzo de 2008[3]. Os fíller, acuñados en valores de 2, 5, 10, 20 e 50, desapareceron da circulación a finais dos anos noventa.
A Casa da Moeda de Hungría (Magyar Pénzvero) é a encargada en exclusiva da cuñaxe destas moedas. [4]
Billetes
[editar | editar a fonte]Os billetes en circulación en 2006 son os das denominacións que a continuación se describen:
- 200 floríns
- 154 x 70 mm
- Tonalidade: verde
- Anverso: o Rei Károly Róbert
- Reverso: o castelo Diósgyőr
- 500 floríns
- 154 x 70 mm
- Tonalidade: rosa e violeta
- Anverso: o príncipe Rákóczi II
- Reverso: o castelo de Sárospatak
- 1000 floríns
- 154 x 70 mm
- Tonalidade: azul
- Anverso: o Rei Matías Corvino
- Reverso: a fonte de Hércules en Budapest
- 2000 floríns
- 154 x 70 mm
- Tonalidade: gris e marrón
- Anverso: o príncipe Gabriel Bethlen de Transilvania
- Reverso: o príncipe e os seus científicos
- 5000 floríns
- 154 x 70 mm
- Tonalidade: púrpura
- Anverso: o conde István Széchenyi
- Reverso: o pazo Nagycenk
- 10.000 florines
- 154 x 70 mm
- Tonalidade: violeta
- Anverso: o Rei Estevo I de Hungría
- Reverso: o castelo de Esztergom
- 20.000 florines
- 154 x 70 mm
- Tonalidade: gris e vermello
- Anverso: o político Ferenc Deák
- Reverso: antigo Congreso de Deputados de Budapest
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "forint". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.
- ↑ "florín húngaro". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.
- ↑ "Banco Nacional de Hungría". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2009.
- ↑ "Magyar Pénzvero Zrt. Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". En Hunhíradó. 2 de novembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Florín húngaro |