Floco (peiteado)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unha moza con floco (esquerda) e outra sen el.

O floco,[1] tamén denominada perrera,[2][3][4] é unha sección de cabelo que nace da liña capilar, que se corta ou peitea de tal xeito que cobre total ou parcialmente a fronte do portador.

O floco adoita ser un compoñente de diversos peiteados, ademais de ser frecuentemente utilizado coma un efecto visual para reducir rostros alongados e ocultar frontes amplas.[5] Un floco medra naturalmente en varios tipos de textura capilar cando o cabelo que nace da liña capilar e nas áreas do coiro cabeludo anterior aumenta de lonxitude, creando unha fracción de cabelo inestable que é capaz de colocarse sobre o rostro do portador.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

Un floco xorde naturalmente en diversas texturas de cabelo humanas, o que supón unha característica natural nas especies animais. O ser humano pola súa natureza de animal mamífero está dotado de estruturas pilosas, capaces de aumentar de lonxitude mediante asimilación proteica e a construción de liñas de aminoácidos.

Detalle nunha inscrición da dinastía XVIII de Exipto, mostrando unha muller con floco sobre a fronte.

Durante a prehistoria o home desenvolve as técnicas de peiteado que favorecían un mellor manexo corporal e maior comodidade, que lle permitía realizar actividades sen que o cabelo ocasionase molestias, ademais do progreso do peiteado coma un atributo social ou relixioso.

O decorrer da estética no Antigo Exipto mostra a importancia da cosmética e do peiteado como un elemento social e relixioso, que servía de elemento diferenciador entre os distintos estratos sociais. No Antigo Exipto os peiteados adoitaban ser de corte recto, confeccionados en perrucas ou no cabelo natural. Os flocos eran rectos, resultando máis práctica a realización do corte de pelo. Deste xeito descubrían completamente os ollos e levábano tanto persoas do xénero masculino como do feminino.[7] Porén ó aparecer Elizabeth Taylor na película Cleopatra (1963) portando un floco recto e de curta lonxitude, reforzou a noción preconcibida do toucado exipcio na cultura popular contemporánea.[8]

Elizabeth Taylor en Cleopatra (1963) interpretando á raíña de Exipto.

Durante o período clásico da Antiga Grecia e do Imperio Romano popularizouse o cabelo suxeito entre as mulleres e o cabelo curto entre os homes, ademais do rasurado, a utilización de elementos para cinguir o cabelo, a utilización de toucados e a elaboración de cabelo entrelazado (cabelo recollido en trenzas ou nun moño).

Joan Pau Guardiola, Miracle de la Mare de Déu del Roser i el cavaller de Colònia, 1500-1510. Durante a Idade Media o uso do floco era común.

Na Idade Media e no Renacemento o floco utilizado adoitaba bifurcarse no medio da fronte, tanto en homes como en mulleres. Outros peiteados populares incluían a fronte totalmente descuberta ou flocos moi pequenos de corte recto.[9]

No século XVIII e no XIX popularizouse o cabelo crecho, como consecuencia levábase o pelo solto rizo e o floco tamén con rizos. É tamén no século XVIII cando aparecen complicados peiteados como o pompadour, o pouf e o bouffant, que se caracterizaron pola densa formación de cabelo sobre a fronte.[10] Durante esta época eran populares os toucados densos e considerablemente altos entre as mulleres, mentres que os homes acostumaban ter o cabelo curto e a fronte descuberta.[11]

Claudia Schiffer lucindo un peiteado con floco no 2009.

Nas primeiras décadas do século XX o estilo de peiteado bob púxose de moda entre as flappers, normalmente lucíase con floco e sombreiro, resaltando a forma do rostro.[12] Durante a segunda metade do século XX xorden diversos estilos de toucados, moitos deles acompañados de floco, lucíndoa tanto os homes como as mulleres.[13][14]

Continúa na actualidade a ser popular o floco nos peiteados de moda.[15]

Perrera como sinónimo de floco[editar | editar a fonte]

Perrera é unha palabra orixinaria de Galicia que se emprega como sinónimo de floco no idioma galego.[2][3][4]

Canto á etimoloxía, perrera ten a mesma raíz que perruca, do francés perruque (século XV) (en castelán, peluca; portug. peruca; ital. parruca; romanés, perucă etc.). Tódalas palabras redúcense do latín pilus, pelo, que deu as formas en l (pelado, peludo, peluche). As formas en r (perruca, perrera) son alteracións.[16]

Algúns escritores galegos, como Emilia Pardo Bazán na súa novela Insolación (Historia amorosa) (1889) ou Álvaro Cunqueiro na súa obra Un hombre que se parecía a Orestes (1969), fan referencia ó termo:

La muchacha, con su perrera pegada a la frente por grandes churretazos de goma y su puñal de níquel en el moño, acudió solícita a ver qué mandábamos...
Emilia Pardo Bazán. Insolación (Historia amorosa) (1889).[17]
...los santos hermanos, que nacieron de un vientre, Cosme el primero, de cabeza, y con la mano derecha tirando de un pie de Damián, que venía detrás. Según las pinturas de la Basílica, traían un letrero con su nombre en la perrera, que por lo que allí se ve, ya nacieron cubiertos.
Álvaro Cunqueiro. Un hombre que se parecía a Orestes (1969).[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para floco (nótese a cuarta acepción).
  2. 2,0 2,1 García González, Constantino (1985). Universidade de Santiago de Compostela, ed. "Glosario de voces galegas de hoxe". 
  3. 3,0 3,1 Freixedo Tabarés, Xosé María; Carracedo, Fe Álvarez (1985). Diccionario Akal de usos castellano/gallego. 
  4. 4,0 4,1 Servizo de Normalización Lingüistica da Universidade de Santiago de Compostela. "Erros léxicos e fraseolóxicos máis frecuentes". 
  5. ELLEgirl (en inglés). Vol. 3. Hachette Filipacchi Media U.S., Inc. Maio de 2004. ISSN 1535-7465. 
  6. "Consejos para un flequillo mejor". Hairfinder - Cortes de pelo, cabello y peinado (en castelán). 
  7. "Hairstyles in Ancient Egypt". 
  8. Common Myths About Cleopatra Artigo en Ancient Egypt: The Mithology, consultado o 30-6-2015.
  9. Sherrow, Victoria (2006). Encyclopedia of Hair: A Cultural History (en inglés). Greenwood Publishing Group. ISBN 0313331456. 
  10. Florence Leniston, JoAnne Olian (997). Elegant French Fashions of the Late Nineteenth Century: 103 Costumes from La Mode Illustrée, 1886 (en inglés). Courier Dover Publications. ISBN 0486298191. 
  11. Fuentes, María. "Peinados para cabello corto" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2015. 
  12. Rosenberg, Jennifer. "Flappers in the Roaring Twenties". About.com (en inglés). Consultado o 1-7-2015. 
  13. Miller, Susan. "About Bangs". eHow. 
  14. Fort, Emeline (2010). A Guide to Fashion in The 80s: Including the Shoes, the Hairstyles, the Watches, the Ray-Ban, and the Celebrities who Changed Fashion, Tom Cru, Volumen 3 (en inglés). 6 Degrees Books. ISBN 117106182X. 
  15. "Peinados de fiesta" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03-05-2015. Consultado o 1-7-2015. 
  16. Littré, Émile (1872-1877). Dictionnaire de la langue française. 
  17. Pardo Bazán, Emilia (1889). "Capítulo V". Insolación (Historia amorosa) (en castelán). 
  18. López Silva, Xosé Antonio (2014). A haxiografía como recurso de subversión textual (pdf). Consello da Cultura Galega. p. 373. doi:10.17075/mucnoc.2014.018. Consultado o 4-2-2017. 

Véxese tamén[editar | editar a fonte]