Pompadour (peiteado)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pompadour clásico francés.

Pompadour (pronunciado /pɔ̃.pa.duːʁ/) é un tipo de peiteado, que toma o nome pola Madame de Pompadour, amante de Luís XV de Francia. Caracterízase pola masa de cabelo que se forma a partir da extensión do floco dunha maneira arrastrante cara a parte traseira da cabeza, cuxa forma resultante se fixa con aerosol para o cabelo.[1]

Variantes[editar | editar a fonte]

O pompadour orixinal ou pompadour francés é a primeira forma de pompadour, que se confeccionaba en perrucas, as cales normalmente posuían as clases socio-económicas altas. O pompadour era obtido coa aplicación de ceras e distintas substancias que manexaban a textura da perruca, que logo era adornada con xoiaría, plumas, listóns e flores. A popularidade do peiteado continuou ata os primeiros anos do século XIX, onde as perrucas foron substituídas por cabelo natural e extensións.[2]

Elvis Presley cun peiteado Pompadour.

O pompadour rockabilly é unha variante do pompadour que se relaciona coa cultura do rockabilly, un xénero musical orixinado no sur de Estados Unidos, e derivado do blues e o folk, que tivo, gran demanda comercial entre os anos 1940 e os anos 1950. A estética do rockabilly relacionábase principalmente coa subcultura greaser de principios dos 50's. Tamén é chamado "tupé".[3]

O pompadour updo é unha variante moderna do pompadour feminino que se combina coa técnica de peiteado do updo (técnica que consiste no acomodo de seccieones de cabelo para evitar que recaia libremente). O pompadour updo lógrase coa aplicación de fixadores e dispositivos suxeitadores que recollen o cabelo sobre a fronte do portador, creando un tipo de pompadour. Este peiteado foi portado por celebridades como Rihanna ou Christina Aguilera.[4]

O psychobilly wedge é un derivado do pompadour rockabilly e do mohawk que recibe o seu nome do suxénero do punk rock e do rockabilly. A diferenza do mohawk non crea púas coas puntas longas do cabelo e o cabelo só é peiteado para atras ata formar un pompadour. O cabelo lateral córtase parcial ou completamente. O portador máis famoso dun peiteado psychobilly foi Kim Nekroman, vocalista de Nekromantix.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Definición en inglés de Pompadour". The Free Dictionary by Farlex. Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  2. Leniston, Florence; Olian, JoAnne (1997). Elegant French Fashions of the Late Nineteenth Century: 103 Costumes from La Mode Illustrée, 1886 (en inglés). Courier Dover Publications. ISBN 0486298191. 
  3. "How to Style a Pompadour". eHow. Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  4. "How to Create a Vintage Pompadour Updo Hairstyle". Your Hairstyles. Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  5. "Psychobilly & The Wedge". erichatheway.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]