Fistulariidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Fistulariidae
Fistularia commersonii
Fistularia commersonii
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Syngnathiformes
Familia: Fistulariidae
Xénero: Fistularia
Linnaeus, 1758
Especies

Ver texto.

F. petimba.

Fistulariidae é unha pequena familia zoolóxica de peixes da orde Syngnathiformes, familia cun só xénero Fistularia, que se encontra no mundo en mares tropicais e subtropicais.[1] O seu nome procede do latín fistula = tubo,[2] pola forma do seu corpo.

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno medio, durante o Terciario inferior.[3]

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Os exemplares posúen un corpo esaxeradamente alongado cun promedio de 2 m de lonxitude e lixeiramente deprimido, parécense a moitas anguías, mais teñen aletas dorsais e anais ben distinguibles, unhas aletas caudais bifurcadas cuns raios concéntricos que forman un filamento alongado; a liña lateral está ben desenvolvida e esténdese polo filamento caudal.[1]

Hábitat e importancia pesqueira[editar | editar a fonte]

Vive xeralmente en augas abertas costeiras ou en arrecifes de coral, onde comen pequenos peixes, crustáceos e invertebrados.[1]

Posúe pouco interese para a pesca, mais pódese atopar en mercados mariñeiros tropicais.

Especies[editar | editar a fonte]

Existen só catro especies neste xénero e familia:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Nelson, J.S. (1984). John Wiley & Sons, Inc., ed. Fishes of the world (en inglés) (2ª edición ed.). Nueva York. pp. 523 p. 
  2. Romero, P. (2002). unpublished, ed. An etymological dictionary of taxonomy. Madrid. 
  3. Berg, L.S. (1958). VEB Verlag der Wissenschaften, ed. System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische (en alemán). Berlín. 
  4. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Fistulariidae (TSN 166414)" (en inglés).