Final Fantasy VIII
Final Fantasy VIII | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Square |
Distribuidora(s) | Square |
Deseñador(es) | Hiroyuki Ito |
Compositor(es) | Nobuo Uematsu |
Lanzamento | 11 de febreiro de 1999 e 5 de decembro de 2013 |
Xénero | videoxogo de rol e videojogo com personagem LGBT |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, PlayStation, Android e iOS |
Na rede | |
http://ffviiipc.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Final Fantasy VIII (abreviado FF8 ou FFVIII) é un videoxogo de rol de consola pertencente á saga Final Fantasy, considerada un dos máis importantes da súa categoría. Foi desenvolvido polo equipo de Hironobu Sakaguchi de Squaresoft (dende 2003 Square Enix) maioritariamente entre 1998 e 1999, e publicado en 1999. Este xogo supuxo un avance enorme na calidade dos gráficos, contando cunhas escenas cinematográficas con moitos detalles. Ademais foi un dos xogos máis vendidos da Playstation.
Historia
[editar | editar a fonte]Neste Final Fantasy a historia xira en torno a un grupo militar coñecido como SEEDS, guerreiros encargados de daren caza a perigosas meigas ó redor do mundo, que son adestrados nunha serie de recintos denominados xardíns. Nada máis empezar poñémonos na pel de Squall Leonhart, un estudante a SEED do xardín de Balamb ó que lle acaban de encomendar unha misión para demostra-las súas habilidades e así poder ser un SEED. A misión resulta ser todo un éxito e Squall convértese de súpeto nun SEED moi prometedor. A mesma noite da súa graduación coñece a Rinoa Heartilly, unha rapaza membro dun grupo de resistencia que acode ó xardín para pedir axuda para derrotar unha meiga moi poderosa que está facendo estragos na súa terra. A misión outórgaselle a Squall, e entón comeza unha viaxe por todo o mundo onde numerosos segredos se han desvelar ata poñer en xaque o destino do planeta.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Squall Leonhart. É o protagonista da historia, un mozo de 17 anos introvertido e solitario que busca converterse nun SEED para viaxar polo mundo defendendo a xustiza e o ben. Ó principio Squall pensa que estará sempre só e que un non pode depender do resto, porén todo cambiará cando coñeza a Rinoa Heartilly, da que quedará engaiolado irremediablemente. É o máis forte do grupo e, aínda que xoga o papel de antiheroe, vén sendo o líder que toma as decisión máis relevantes, xa que a pesar da súa personalidade cerrada, todos os que lle rodean son moi abertos. Grazas a eles Squall comezará a madurar e a decatarse de que moitas veces confiar nos demais é a única forma de estar ben un consigo mesmo. Naceu un 23 de agosto e o seu signo do zodíaco é Leo, o cal, curiosamente, é o símbolo que porta na súa vestimenta e na súa arma, o sabre-pistola.
- Rinoa Heartilly. É unha rapariga de 17 anos moi alegre e vivaz que se ve envolta nunha terrible conspiración. Ó principio pertence a un grupo de resistencia contra o presidente de Gabaldia, que acode ó xardín de Balamb para requirir os servizos dos poderosos SEEDs. A medida que avance a historia descubrirase que Rinoa está destinada a ser unha meiga, algo que lle fará correr máis dun risco.
- Quistis Trepe. É unha das mellores SEED de Balamb e mestra de Squall. Quistis utiliza un látego de combate que lle é moi útil contra calquera tipo de inimigo. Malia ter só 18 anos, é unha muller moi madura que sente algo especial por Squall, aínda que non é correspondida.
- Zell Dincht. É o compañeiro SEED de Squall, que se gradúa asemade ca el, xa que coinciden na misión/exame final de liberación de Dollet. É un mozo de 17 anos moi alegre e que moitas veces se deixa levar polos seus instintos. No entanto, é moi amigo dos seus amigos e nunca dubida en presta-la súa axuda. Comeza no grupo dende a susodita misión final e xa non se separa nunca de Squall. Gústanlle as armas, a pesar de que loita cos puños, comer dabondo e ir facendo peripecias por aí.
- Selphie Tilmitt. É un estudante SEED de intercambio do Xardín de Trabia. Unha rapaza moi alegre e algo entremetida que nunca xamais estará triste, aínda que morra todo o mundo. Unicamente útil polo seu límite "Ruleta".
- Irvine Kinneas. É un SEED do xardín de Gabaldia que chega ó grupo para facer unha misión como francotirador. Irvine é un tirador de primeira, alén dun mullereiro nato.
Sistema de xogo
[editar | editar a fonte]Aínda nesta oitava entrega séguese o sistema tradicional de quendas e equipamento de armas e escudos. A principal novidade chega da man dos GF (Gardiáns da forza), as coñecidas invocacións que saen en tódolos Final Fantasy e que neste capítulo se poden enlazar ós personaxes co fin de facelos máis fortes e outorgármoslles habilidades.
Outro elemento de enlace para aumentarmo-las características serán as maxias, que se obterán mediante diversos puntos de extracción distribuídos ó redor do mundo.
Música
[editar | editar a fonte]Álbums oficiais
[editar | editar a fonte]Ano | Álbum | Información adicional |
---|---|---|
1999 | Final Fantasy VIII Original Soundtrack | Versión orixinal do xogo |
1999 | Fithos Lusec Wecos Vinosec Final Fantasy VIII | Versión arranxada orquestral |
2000 | Piano Collections Final Fantasy VIII | Versión arranxada a piano |