Finais dos 70s, comezos dos 80s

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Finais dos 70s, comezos dos 80s
Álbum de Fanny + Alexander
Publicado2007
Xénero(s)Música electrónica
Selo(s)A Regueifa Plataforma
Producido porFanny + Alexander

Finais dos 70s, comezos dos 80s é o segundo disco do grupo Fanny + Alexander, publicado no 2007. Está dispoñible en formato mp3, descargable de balde na páxina do selo, e en formato CD. Está editado baixo licenza Creative Commons 2.0.

A maioría dos temas son letras musicadas de autores galegos. En "Berlín" é a propia autora quen o recita. Outro dos temas é unha versión do grupo inglés The Smiths, e outros dous son remesturas feitas por Projecto Mourente.

Neste disco segue a experimentación iniciada no primeiro, Lusco e Fusco. Seguindo coa base pop e electrónica, acércanse a unha gran variedade de estilos contemporáneos e tradicionais dende unha óptica netamente experimentadora.

A portada é unha imaxe de Mike Schultz.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Maria Silenzo" (letra de Ricardo Carvalho Calero)
  2. "Amei-te tanto" (letra de Pilar Pallarés)
  3. "Danzarei para ti... se botas outra moeda" (letra de Elvira Riveiro)
  4. "Cando eu era mozo"
  5. "Funcionaria ou estudante" (letra de María do Cebreiro)
  6. "Postpunkdeirada" (letra de Lois Pereiro)
  7. "A estación sen ti" (letra de Daniel Salgado)
  8. "Asi é imposible" (letra de Minus Bálido Rodríguez)
  9. "Pánico (merda de DJ)" (versión de The Smiths)
  10. "Danzarei para ti (Projecto Mourente Remix)"
  11. "Sós/S.O.S. (Projecto Mourente Remix)"
  12. "Berlín (con María Lado)" (letra de María Lado)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]