Fils
Aparencia
O fils (en árabe: فلس) é unha moeda divisionaria da unidade monetaria principal utilizada por diversos países árabes.[1][2]
Denominación
[editar | editar a fonte]Fils é unha palabra singular en lingua árabe; a súa forma de plural é fulûs (فلوس) e significa tamén, xenericamente, "diñeiro", nalgunhas das variedades do árabe.
O termo é unha transcrición moderna de fals, unha moeda altomedieval dos califatos Omeias (661-750) e dos Abbásidas (750-1258), e procede, pola súa vez, da forma latina follis, que designaba unha moeda romana de cobre e tamén, posteriormente, unha moeda bizantina.[3]
Países e equivalencias
[editar | editar a fonte]País | Unidade principal | ISO 4217 | División |
---|---|---|---|
Bahrain | Dinar bahreiní | BHD | 1.000 fils |
Iraq | Dinar iraquí | IQD | 1.000 fils |
Kuwait | Dinar kuwaití | KWD | 1.000 fils |
Emiratos Árabes Unidos | Dirham dos EAU | AED | 1.000 fils |
Iemen | Rial iemení | YER | 100 fils |
Xordania | Dinar xordano | JOD | 100 fils |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Album, S. (2011). Checklist of Islamic Coins. 3ª ed. ISBN 978-0-615-56244-5
- Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7