Saltar ao contido

Fillos dun deus menor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fillos dun deus menor
 Instancia de
 Título
Children of a Lesser God (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Formato de distribución
 Cor
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
5 de marzo de 1987 (Alemaña)
1986 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración119 min e 118 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
 Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (11 de febreiro de 1987)
Óscar á mellor actriz (11 de febreiro de 1987)
Óscar ó mellor actor (11 de febreiro de 1987)
Óscar á mellor actriz secundaria (11 de febreiro de 1987)
Óscar ó mellor guión adaptado (11 de febreiro de 1987) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
81% Rotten Tomatoes (18 de decembro de 2025)
3.5/5 Letterboxd (18 de decembro de 2025)
7.2/10 Internet Movie Database (18 de decembro de 2025)
80/100 Metacritic (18 de decembro de 2025)
81% Rotten Tomatoes (31 de outubro de 2024)
7.1/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
ISAN0000-0000-11D1-0000-J-0000-0000-H Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0sxnd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0090830 Filmaffinity: 223557 Allocine: 1662 Rottentomatoes: m/children_of_a_lesser_god Mojo: childrenofalessergod Allmovie: v9273 TCM: 18312 Metacritic: movie/children-of-a-lesser-god TV.com: movies/children-of-a-lesser-god Netlix: 60003584 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Fillos dun deus menor (en inglés: Children of a Lesser God) é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Randa Haines e escrito por Hesper Anderson e Mark Medoff. É unha adaptación da obra homónima de Medoff, e está protagonizado por Marlee Matlin (que gañou o Óscar pola súa interpretación) e William Hurt que interpretan dous traballadores dun colexio para xordos.

Foi o primeiro filme da actriz xorda Matlin, e Fillos dun deus menor salienta por ser o primeiro filme dende 1926, co filme mudo You'd Be Surprised, en ser protagonizado por actor xordo.[1] Recibiu cinco nomeamentos na 59ª edición dos Óscar, incluíndo a categoría de mellor actriz que gañou Matlin. Con só 21 anos naquela época, Matlin foi a actriz máis nova en recibir o premio nesa categoría en particular, e segue a ser a única persoa xorda en gañar en calquera categoría.[2] Fillos dun deus menor tamén foi o primeiro filme dirixido por unha muller en ser nomeado na categoría de mellor filme.[3]

Sarah Norman é unha moza que traballa como celadora nunha escola para persoas con deficiencia auditiva en Nova Inglaterra. Un profesor novo e enérxico, James Leeds, chega á escola e incentívaa a que deixe de lado a súa vida illada, aprendendo a falar en voz alta. Como ela xa emprega a lingua de signos, Sarah resístese ás tentativas de James para facela falar, mais ela é reticente a causa dunha historia de violación. Entre James e Sarah desenvólvese unha historia romántica e van vivir xuntos, a pesar de que as súas diferenzas e teimosía mutua os levan case ata a ruptura, pois el continúa a querer que ela fale, aínda que a súa soa presenza atafegue a Sarah.

Sarah deixa a James e vai vivir coa súa nai nunha cidade próxima, reconciliándose no proceso. Mentres, ela e James encontran un xeito de resolveren as súas diferenzas.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Schuchman, John S. (1999). University of Illinois Press, ed. Hollywood Speaks: Deafness and the Film Entertainment Industry. Urbana, IL. p. 82. ISBN 978-0-252-06850-8. 
  2. Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "Help Page – Academy Awards Database – AMPAS". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2011. 
  3. Michaelson, Judith (21 de xullo de 1991). "What Took So Long?". Los Angeles Times. Consultado o 27 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]