Figueiroá, Paderne de Allariz
Figueiroá | |
---|---|
Igrexa de San Xillao de Figueiroá. | |
Concello | Paderne de Allariz[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°16′14″N 7°43′58″O / 42.27061371, -7.73291346 |
Poboación | 229 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xillao de Figueiroá é unha parroquia do concello de Paderne de Allariz (Ourense). Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 229 habitantes (122 homes e 107 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Xoán Bautista de Rioseco.
- Igrexa da Nosa Señora da Asunción da Torre.
- Capela de Santa Bárbara de Caxamonde. O día de Pascua sácase á Virxe desde esta capela para atoparse co Cristo na chaira da Parroquia.
- Igrexa de San Xillao de Figueiroá. Ten a inscrición "ESTA ESICLA D REFVGIO I SACRO".
Lendas
[editar | editar a fonte]Dise que na aldea da Torre había un cárcere, hoxe convertido en domicilio particular, e aqueles presos que conseguían alcanzar a Igrexa quedaban libres. Este privilexio foi concedido pola Condesa de Torre-Múzquiz, que moraba nunha casa señorial, conservada na actualidade, situada a escasos 15 metros do citado cárcere. Na fachada da mencionada antiga casa señorial aínda se pode contemplar o Escudo de Armas da Condesa.
Acceso
[editar | editar a fonte]Pódese chegar ao concello a través da estrada secundaria OU-101 desde Ourense en dirección a Maceda, e que cruza o concello.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Taboadela.
-
Castiñeiro centenario.
-
Monte de Taboadela.
-
Taboadela.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Figueiroá
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Figueiroá no concello de Paderne de Allariz (Ourense) | |
---|---|
Cascarreira | Caxamonde | Lamas | Neboeiro | O Paiseo | O Pazo | Rioseco | Taboadela | A Torre | Vilar | Vilaverde |
Parroquias de Paderne de Allariz
[editar | editar a fonte]