O Festival da Canción de Asia A-Song-Fe ou ASF, é un concurso de canción anual de música pop asiática, ten lugar en Corea do Sur desde 2004. Está organizado pola Fundación Corea para o Intercambio Internacional de Cultura (FCPOIIDC) e conta cos artistas dos países asiáticos. Os artistas participantes reciben unha placa de recoñecemento polo Ministerio de Cultura, Deportes e Turismo de Corea (anteriomente polo Ministerio de Cultura e Turismo) e o mellor artista asiático polo presidente da Fundación Corea para o Intercambio Internacional de Cultura (FCPOIIDC). A banda de rapaces surcoreana TVXQ foi o único acto que participou durante cinco anos consecutivos desde o primeiro festival no ano 2004.
A canción temática do Festival de 2011 "Dreams Come True", un dúo de Lee Donghae de Super Junior e Seohyun de Girls' Generation foi lanzado o 11 de outubro de 2011 como sinxelo dixital.Os ingresos da venda foron doados a Unicef para axudar aos nenos dos países africanos.