O Festival Internacional de Cinema Feminino de Créteil (en francés:Festival international de films de femmes de Créteil) é un acontecemento anual que se celebra en Créteil, París, Francia. O festival foi fundado por Jackie Buet en 1978 para amosar os talentos de dirección das mulleres con difucultades para que os seus filmes se distribúan axeitadamente. O primeiro festival celebouse en 1979 en Sceaux.[1] Trasladouse a Créteil en 1985.[1]
Situado no centro da cidade de París, o festival celébrase durante 10 días de maneira ininterrompida, estreando arredor de 50 novos filmes dirixidos por unha ou máis mulleres. O festival tamén ofrece clases de cinema, foros temáticos e debates. A competición está aberta a mulleres de todo o mundo que teñan feito unha longametraxe, curtametraxe ou documental. O seu traballo é xulgado por 6 profesionais do cinema.
O festival ofrece varios premios, incluíndo o premio da audiencia e o "Gran Premio do Xurado". O arquivo do festival contén máis de 10.000 filmes realizados por mulleres.