Festa da cebola rechea de L'Entregu
A festa da cebola rechea é unha festa gastronómica celebrada a finais de novembro na vila asturias de L'Entregu (Samartín del Rei Aurelio), arredor deste prato típico da gastronomía de Asturias[1][2][3][4][5]. Foi declarada Festa gastronómica de interese rexional.
Historia
[editar | editar a fonte]A festa da cebola rechea comezou a celebrarse en 1972, da man de José Manuel Blanco. O prato fora creado no Venres Santo de 1927 por Aniceta Fueyo "La Nina", propietaria do restaurante La Laguna. Ao ser día de vixilia, ocorréuselle encher as cebolas con atún en conserva. O prato colleu sona da man de Aurora, do restaurante La Conda. En 1972 presentouse a festa gastronómica da man da propia Nina. O seu neto, Mario Antuña, leu o pregón da festa de 2004.
O evento celébrase arredor do 30 de novembro, organizada pola Sociedá Cultural y de Fiestes de L'Entregu. Amais das cebolas recheas, os menús adoitan incluír callos e sobremesas como casadielles, arroz con leite ou frixuelos.
O prato
[editar | editar a fonte]As cebolas pélase e fáiselles un oco no interior. Nunha tixola faise un sofrito con allo, a cebola extraída e pemento, e despois engádeselle tomate, sal e pemento chile. O recheo prepárase mesturando o sofrito con atún ou carne picada, e parte do sofrito úsase para o prebe, xunto con loureiro, viño branco e pementón. Cócense moi devagar, e sérvense con pemento, ovo e perexil picado[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "L'Entregu celebra la fiesta de Les Cebolles Rellenes", artigo en RTPA, 29 de novembro de 2013 (en castelán).
- ↑ "El Entrego saca juego a les cebolles rellenes", artigo en La Nueva España, 1 de decembro de 2013 (en castelán).
- ↑ "Fiestas Gastronómicas de SMRA: Les Cebolles Rellenes" Arquivado 05 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., artigo en La Cuenca del Nalón, novembro de 2013 (en castelán)
- ↑ "Les cebolles rellenes inundan El Entrego", artigo en El Comercio, 30 de novembro de 2013 (en castelán).
- ↑ "XXXXI Jornadas Gastronómicas de las Cebollas Rellenas en El Entrego (S.M.R.A) 2013", artigo en Asturias de Fiesta, novembro de 2013 (en castelán).
- ↑ Reportaje sobre las cebollas rellenas en la TPA (2009), (en castelán).