Pendureiro europeo
Pendureiro europeo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Remiz pendulinus (Linnaeus, 1758) |
O pendureiro europeo,[2] tamén chamado ferreiriño de cara negra[3] ou ferreiriño careto,[4] (Remiz pendulinus) é unha especie de ave paseriforme da familia Remizidae, que vive principalmente en Eurasia.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un paxaro moi pequeno: mide aproximadamente 10 cm de lonxitude e pesa arredor de 10 g.
Ten cabeza gris con anchas franxas negras, na fronte e ollos, en forma de anteface. O dorso e a cola son marróns. As partes inferiores teñen tons castaños e cremas. O bico é curto e moi bicudo.
As femias teñen o dorso e o peito dun ton máis claro.
Taxonomía e etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Remiz, é o nome polaco deste paxaro, e pendulinus en latín significa 'colgante', que fai referencia ao seu niño.[5]
A especie foi descrita como Motacilla pendulinus por Linnaeus na súa obra Systema naturae en 1758.[6]
Distribución
[editar | editar a fonte]O pendureiro europeo é unha ave principalmente migratoria, que cría en Europa central e oriental e o oeste de Asia, ademais das montañas do sur de Europa e Turquía, e desprázase ás rexións mediterráneas e do suroeste de Asia para pasar o inverno.
A área reprodutora desta especie no oeste de Europa experimentou unha expansión durante as décadas de 1980 e 1990.[7] Isto foi acompañado da expansión da área de invernada, chegando ata Marrocos.[8]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Emite un balbuciente e característico zii-ii e un breve trilo.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntase principalmente de insectos e arañas, aínda que na súa dieta tamén entran algunhas sementes.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Cría en árbores caducifolias, xeralmente nas beiraas de ríos e lagos con moita vexetación, xa que necesita árbores axeitados para construír os seus niños colgantes en forma de ovo ou bolsa, cun túnel de entrada. Para a construción destes usa poliñas finas, fibras (xa sexan animais ou vexetais), arañeiras, sementes plumosas etc.[9]
Pon de 5 a 8 ovos, durante o mes de abril. Os ovos son de cor branca mate. Soamente a femia incuba os ovos. A incubación dura uns 14 días.
Conservación
[editar | editar a fonte]A especie ten unha ampla área de distribución, estimada en de 1 a 10 millóns de km2, e unha poboación estimada entre 420 000 e 840 000 individuos só en Europa, e hai evidencias de que a poboación está a aumentar. Xa que logo, está avaliada como especie non preocupante pola IUCN.[10]
-
Debuxo dun niño de pendureiro europeo.
-
Fotografía dun niño de pendureiro europeo en Madrid (España).
-
Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 5 de septembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 296, 333. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Linnaeus, Carolus (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. (en latín). Holmiae. (Laurentii Salvii). p. 189.
M. capite ferrugineo, macula nigra oculan, remigibus rectricibusquc fuscis margine utroque ferrugineis
- ↑ Valera, F., Rey, P., Sanchez-Lafuente, A. M., & Muñoz-Cobo, J. (1990). The situation of penduline tit (Remiz pendulins) in southern Europe: A new stage of its expansion. Journal für Ornithologie, 131(4), 413-420.
- ↑ Amezian, M., Thompson, I., Bensusan, K., Cortes, J., Louah, A., & Qninba, A. (2011). On regular wintering of Eurasian Penduline Tits Remiz pendulinus in northern Morocco. Ostrich 82(1): 39-42.
- ↑ Harrap, Simon; Quinn, David (1996). Tits, Nuthatches and Treecreepers. Christopher Helm. pp. 205–211. ISBN 0-7136-3964-4.
- ↑ "Remiz pendulinus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2013. Consultado o 26 November 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pendureiro europeo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ARAGUÉS, A. Información sobre R. pendulinus en el V. del Ebro. Ardeola (1964).
- ARAGUÉS, A. & J. LUCIENTES. Fauna de Aragón: aves. Guara edit. Zaragoza (1980).
- ARAÚJO, J. Más datos sobre la nidificación de R. pendulinus en el V. del Tajo. Ardeola (1973).
- CEBALLOS, P. & F. PURROY. Pájaros de nuestros campos y bosques.ICONA. Madrid (1977).
- DELIBES, M. Sobre la expansión reciente del pájaro moscón en la P. Ibérica. Ardeola (1978).
- ELÓSEGUI, J. Navarra: Atlas de aves nidificantes. Caja de Ahorros de Navarra. Pamplona (1985).
- ROMAN, J., F. ROMÁN, L.M. ANSOLÁ, C. PALMA & R. VENTOSA. Atlas de las aves nidificantes de la provincia de Burgos. Caja de Ahorros del Círculo Católico. Burgos (1996).
- SEO (ed.). Atlas de las aves nidificantes en Madrid. Agencia de Medio Ambiente. Madrid (1994).