Fernando Taboada Zúñiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Taboada Zúñiga
Nacemento1894
Lugar de nacementoMonforte de Lemos
Falecemento1982
Lugar de falecementoSarria
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsJosé Taboada Zúñiga
editar datos en Wikidata ]

Fernando Taboada Zúñiga, nado en Monforte de Lemos en 1894 e finado en Sarria en 1982, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Taboada Rodríguez Varela de Temes e Paz Zúñiga Laporte e irmán de José Taboada Zúñiga. Foi nomeado alcalde de Sarria en outubro de 1923. Foi nomeado deputado provincial de Lugo en abril de 1927,[1] e elixido vicepresidente da Deputación de Lugo en maio.[2] Formou parte do Padroado da Misión Biolóxica de Galicia en representación dos agricultores de Sarria.[3] Na República foi elixido concelleiro de Sarria na repetición das eleccións municipais en maio, tomando posesión o 5 de xuño.[4][5]


Predecesor:
Antonio Valiña Somoza
 Escudo de Sarria.svg
Alcalde de Sarria
 
1923 - 1924
Sucesor:
Fermín Somoza García


Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María de los Ángeles Rivera González de la Rocha (1898-1939) e foi pai de María Teresa, Fernando e José Manuel Taboada Rivera.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 3-4-1927, p. 2.
  2. El Progreso, 3-5-1927, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 20-2-1931, p. 8..
  4. Concello de Sárria (1931)
  5. La proclamación en Sarria

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]