Fernando Rodríguez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Rodríguez García
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Costoia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFernando Cano Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
Novos Valores Editar o valor em Wikidata

Fernando Rodríguez García, coñecido como Fernando Cano, nado en Costoia (Silleda) o 19 de agosto de 1963, é un escultor e pintor galego. As súas obras, tanto pictóricas como escultóricas, están marcadas por un carácter minimalista mesturado coa longa tradición dos canteiros de Pontevedra. Así mesmo, tamén se aprecia a súa sensibilidade pola natureza, sobre todo polo seu contorno, a comarca de Deza, onde naceu e onde vive.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A formación académica de Fernando Rodríguez establécese na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela, onde se graduou en Deseño e Artes Plásticas na especialidade de Volume. Á parte de como alumno, é importante a súa experiencia docente como mestre de pedra en Silleda, A Estrada e Vilagarcía de Arousa, unha experiencia que o leva a experimentar co material, xa que as ensinanzas aos seus alumnos convérteno nun aprendiz das novas técnicas artísticas. Comezou a súa actividade artística cunha exposición no Salón Principal do Mestre Mateo en 1993; de aquí salta a Vigo, Pontevedra e Lalín en 1996. En todas elas expuxo a súa obra escultórica, tanto de vulto redondo como a construída a xeito de panel bidimensional, pois nos noventa o mundo artístico vivía un momento de interdisciplinariedade, e isto influíu no artista.

En 1997 participa no certame Novos Valores de Pontevedra, en diferentes colectivas auspiciadas por Caixavigo, e no museo Ramón María Aller de Lalín, onde expón no 1999 e no 2001 e onde sobresae a súa obra máis plástica e minimalista. A atracción polas pedras plasmouse xa moito antes, pero é nestes anos cando o seu traballo adquire un carácter novo. Empregará cuarcitas, lousas ou granito, ás veces en grandes dimensións e, noutros casos, en tamaños máis reducidos. Conceptualmente, son obras que transmiten a sensación do rural, obras nas que o artista rouba á natureza un anaco de significante, trasládao a unha habitación e alí entendemos que segue a significar o mesmo. Isto é o paradoxal da obra, incluso as pedras penduradas da parede non semellan irreais, senón que representan o medio de onde saíron.

Estilo[editar | editar a fonte]

As súas composicións son tridimensionais ou bidimensionais indistintamente, podendo ser as últimas consideradas como pinturas, case como a arte moble prehistórica. Todas as súas obras bidimensionais ilustran unha prolongación das calidades sabiamente expostas nas súas obras tridimensionais. O emprego dos mesmos materiais, mesmas referencias iconográficas, incluso mesma técnica de elaboración e tratamento da obra fan destas presenzas visuais verdadeiras esculturas nun plano vertical. As diferentes composicións delatan unha evidente herdanza natural, as vetas e as diferentes escisións –duras e severas- compoñen obras de carácter minimalista; liñas de tensión, asimetrías propias dun B. Newman, R. Mangold ou Peter Halling, xeometrizando e introducindo unha orde no devir erosionado da natureza. Unha traxectoria que tamén podemos detectar noutras tendencias máis relacionadas co procesual, cunha visión analítica, case nómades do Land Art, con artistas como Penone e Anselmo ou vertentes máis tradicionais como Ulrico, Rückriem ou Fernando Casás.

Combina diferentes materiais pétreos, nunca a partes iguais: nalgunhas a lousa supón máis do noventa por cento da superficie, noutras a cuarcita é a que máis sobresae. As dimensións varían, ao igual que o número de pezas; ás veces son dípticos, outras trípticos e en ocasións tan só un lenzo. Tamén é significativo que nunca aparezan soas nas exposicións, xa que sempre se presentan ó carón de esculturas de vulto redondo; esta é precisamente unha das intencións de Fernando, que o espectador entenda o seu traballo nun conxunto temático, xa que a natureza que a representa tamén forma un todo. Neste aspecto, temos que destacar a integración do espazo construído e do espazo natural; as creacións parten do natural e intégranse no mundo urbano.

Exposicións[editar | editar a fonte]

1993

  • Escola de Arte “Mestre Mateo”, Santiago de Compostela.

1995

  • Asociación Cultural “A Estrada”, A Estrada.

1996

  • Casa da Cultura, Silleda.
  • Expodeza, Parque Empresarial, Lalín.
  • Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa.
  • Auditorio da “Fundación Semana Verde”, Silleda.
  • Exposición colectiva Caixavigo, Vigo.

1997

  • Sala de Arte BBV, Vigo.
  • Seleccionado “Novos Valores”. Pontevedra.
  • Exposición colectiva Caixavigo, Vigo.

1998

  • Exposición colectiva Caixavigo, Vigo.
  • Exposición Fexdearte, Vilagarcía.

1999

  • Auditorio Municipal de Lalín.
  • Exposición colectiva Caixavigo, Vigo.
  • Exposición colectiva Museo “Ramón Mª Aller” de Lalín.

2000

  • Galería eme-c* de Santiago de Compostela.
  • Colexio oficial de Arquitectos de Galicia, Santiago de Compostela.

2001

  • Exposición colectiva Museo “Ramón Mª Aller” de Lalín.
  • Exposición colectiva Caixavigo, Vigo.
  • DeARTE, “Feria de galerías españolas”, Madrid.
  • Galería eme-c*, Santiago de Compostela.

2002

  • Exposición colectiva Caixavigo, Vigo.
  • Galería eme-c*, Santiago de Compostela.
  • DeARTE, “Feria de galerías españolas”, Madrid.

2003

  • Exposición colectiva “Os artistas do Deza”, Castelo de Soutomaior, Deputación Provincial de Pontevedra.
  • DeArte, Feria de Galerías Españolas, Madrid.
  • Exposición colectiva Fundación Caixanova, Vigo.

2004

  • Exposición colectiva Fundación Caixanova, Vigo.

2005

  • Exposición colectiva Fundación Caixanova, Vigo.

2006

  • Exposición colectiva Fundación Caixanova, Vigo.

2008

  • Galería Jamete, Cuenca, 2008.

2009

2010

  • "Arte na veiga", unha exposición ao aire libre, na carballeira da Ponte, en Silleda, na que o autor emprega diversos materiais e o marco da natureza para crear as obras.
  • “Natureza con arte”, Cidade de Soños, Vigo.
  • Roteiro de creación, Galería Metro, Santiago.

2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]