Fernando Pereira Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Pereira Caamaño
Biografía
Nacemento18 de maio de 1931 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 2000 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Fernando Pereira Caamaño, nado en Vigo o 18 de maio de 1931 e finado o 21 de abril de 2000, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Perito industrial. Emigrou a Uruguai en 1956 e alí desenvolveu actividades galeguistas no Patronato da Cultura Galega de Montevideo. En 1977 retornou a Galicia, instalouse en Soutomaior e fundou a libraría Castelao en Vigo. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a Candidatura Veciñal Independente á alcaldía de Soutomaior e foi elixido alcalde. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta en 1983 e 1987, mentres que en 1991 o logrou con maioría simple. En 1995 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, retirándose progresivamente da política. Logo da súa etapa na alcaldía refundou a asociación "Amigos do País".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
-
 
Alcalde de Soutomaior
 
1979 - 1995
Sucesor:
Agustín Reguera Ocampo