Saltar ao contido

Fernando López González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando López González

Fer López co Celta C-Gran Peña, 2022 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 2004 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2023–   Celta de Vigo Fortuna

Fernando López González, nado en Madrid o 24 de maio de 2004, e tamén coñecido coma Fer López, é un futbolista español que militou no Celta de Vigo Fortuna na Primeira RFEF, e foi traspasado ao Wolverhampton Wanderers F.C. da Premiere League.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fer López iniciou a súa traxectoria no fútbol base vigués, desde a categoría de benxamíns, após de ser recrutado do Cristo de la Victoria S.D. Tras un desenvolvemento físico tardío, que provocou unha perda de protagonismo na canteira, foi cedido ao Rápido de Bouzas, mais posteriormente volveu ás filas do equipo celeste.[1] Así, na tempada 2021-22 militou no Xuvenil A do Celta de Vigo da División de Honra. Un ano despois xogou no Celta C-Gran Peña, e finalmente na tempada 2023-24, incorporouse ás filas do Celta de Vigo Fortuna, no grupo primeiro da Primeira Federación.

En xullo de 2024, Fer López ampliou o seu contrato co Celta renovando até o ano 2028.[2]

O 19 de xuño de 2025 fechouse o traspaso ao Wolverhampton inglés até o ano 2030.[3][4]

En xaneiro de 2026 regresou ao Celta.[5] Debutou nesta nova etapa no club vigués cun gol na Europa League fronte ao Crvena Zvezda.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Ademais de se adicar ao fútbol, Fer López compaxina a súa profesión co estudo do grao dobre en ADE e Dereito na Universidade de Vigo.[6]