Fender Precision Bass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Fender Precision Bass.jpg

O Fender Precision Bass, coñecido como P-bass, é un dos primeiros modelos de baixo eléctrico deseñado por Leo Fender (que encargouse da parte electrónica) e o seu equipo (encargado do corpo e o mastro). O seu prototipo é do ano 1950 e saíu ao mercado en 1951, sendo o primeiro instrumento deste tipo en conseguir a atención dos músicos e ter un uso xeralizado. Foi un instrumento revolucionario para a época e tivo un gran impacto na música popular dende entón. O seu corpo é moi semellante ao da guitarra Fender Stratocaster.