Leo Fender

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leo Fender
FGF museum 01. Leo and early models.jpg
Nacemento 10 de agosto de 1909
Lugar Anaheim
Falecemento 21 de marzo de 1991
Lugar Fullerton
Causa Párkinson
Nacionalidade Estados Unidos de América
Ocupación Luthier e musical instrument maker
editar datos en Wikidata ]

Clarence Leonidas Fender, coñecido como Leo Fender, nado o 10 de agosto de 1909 en Anaheim (California) e finado o 21 de marzo de 1991, foi un construtor de guitarras estadounidense, fundador da Fender Electric Instrument Manufacturing Company, agora coñecida como Fender Musical Instruments Corporation, e posteriormente fundou a G&L Musical Products (G&L Guitars).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Anaheim (California) e na súa adolescencia aficionouse a manipular radios. Pouco a pouco foi interesándose nos amplificadores e nos aparatos electrónicos en xeral.

A idea dunha guitarra eléctrica de corpo macizo atraíao, e a principios dos anos 40 construíu un prototipo que alugaba aos músicos da zona e chegou a facerse bastante popular. Pouco tempo despois fundou a compañís K&F con "Doc" Kauffman, que participara no deseño dalgunhas das guitarras eléctricas Rickenbacker Electro. K&F adicouse principalmente á fabricación de guitarras steel eléctricas e amplificadores, pero só durou ata 1946, cando Leo fundou a Fender Electric Instrument Manufacturing Company.

En 1948, George Fullerton asociouse con Fender, e entre os dous deseñaron a Broadcaster, que ao pouco tempo cambiou o seu nome polo de Telecaster, debido a que Gretsch tiña rexistrado o de Broadcaster. Uns poucos modelos de transición, chamados "No-casters", non levan nome no clavixeiro.

Fender continuou creando innovacións, pero púxose enfermo e en 1965 vendeu a súa empresa a CBS por 13 millóns de dólares. Pouco despois, a súa saúde mellorou e Leo incorporouse á CBS/Fender durante un breve período. Abandonou CBS en 1970 para deseñar instrumentos en Music Man e G&L, e morreu en marzo de 1991.