Felipe Sánchez Román

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFelipe Sánchez Román

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1850 Editar o valor em Wikidata
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1916 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaValladolid Editar o valor em Wikidata
Ministro de Estado de España
23 de xuño de 1905 – 31 de outubro de 1905
← Wenceslao Ramírez de Villa Urrutia (pt) TraducirPío Gullón Iglesias →
Senador do Reino
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , político , xurista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosPascual Santacruz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFelipe Sánchez-Román Gallifa Editar o valor em Wikidata

Felipe Sánchez Román, nado en Valladolid o 20 de agosto de 1850 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1916, foi un avogado e político español, ministro de Estado durante o reinado de Afonso XIII .

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado o 20 de agosto de 1850 en Valladolid,[1] foi catedrático de Dereito Civil nas Universidades de Madrid e Granada, representando a esta foi elixido senador en 1893 sendo membro do Partido Liberal, escano que ocupou ata que en 1902 foi designado senador vitalicio. O 8 de outubro de 1897 foi nomeado, a proposta do ministro de Graza e Xustiza Alejandro Groizard Gómez de la Serna, subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza ao constituírse un Goberno de Práxedes Mateo Sagasta. Mantivo este cargo ata o 4 de marzo de 1899. Compatibilizou o cargo co de fiscal do Tribunal Supremo, para o que foi nomeado o 21 de outubro de 1897.

Exerceu de ministro de Estado entre o 23 de xuño e o 31 de outubro de 1905[2] nun goberno presidido por Montero Ríos. Anos despois, en 1908, foi nomeado Conselliero de Estado, a proposta do Presidente do Consello de Ministros Antonio Maura. Así mesmo foi membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.

Faleceu o 13 de xaneiro de 1916 en Madrid, ás dez da mañá.[1] A prensa publicou que arrastraba un catarro complicado finalmente cunha insuficiencia cardíaca. O cadáver levouse á Estación do Norte con destino a Valladolid, onde foi soterrado no panteón de cidadáns ilustres a petición da corporación municipal. Abría o cortexo o xefe do Consello de ministros, conde de Romanones, os titulares de Instrución Pública e de Graza e Xustiza, o fillo Felipe, o amigo e cuñado Rafael de Ureña e Guillermo Rolland, vicepresidente do Senado. Os estudantes de “Dereito Civil” acudiron en masa, tralo estandarte da facultade.

O seu fillo Felipe foi un significado dirixente republicano durante a Segunda República.


Predecesor:
Wenceslao Ramírez de Villaurrutia

Ministro de Estado

23 de xuño de 1905 - 31 de outubro de 1905
Sucesor:
Pío Gullón Iglesias


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Petit, Carlos. "Sánchez Román, Felipe (1850-1916)". Diccionario de catedráticos españoles de derecho (1847-1943). Universidade Carlos III de Madrid. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 09 de maio de 2018. 
  2. Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) del CSIC (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000): g-l". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 09 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]