Felipe Antonio Gil de Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felipe Antonio Gil de Taboada
Felipe Antonio Gil de Taboada (1668-1722), arzobispo de Sevilla.jpg
Nacemento1 de maio de 1668
Lugar de nacementoBergazos
Falecemento29 de abril de 1722
Lugar de falecementoSevilla
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Felipe Antonio Gil de Taboada, nado en Bergazos (Donsión, Lalín) o 1 de maio de 1668 e finado en Sevilla o 29 de abril de 1722, foi un relixioso e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gómez Gil de Taboada e de Beatriz Fernández Noguerol. Doutorouse en leis e cánones na Universidade de Santiago de Compostela, na que foi catedrático, e de alí pasou á corte, onde co patrocinio do inquisidor xeneral Diego Sarmiento Valladares conseguiu praza de fiscal da inquisición en Canarias; porén no chegou a ocupar o posto, permanecendo en Madrid como vicario eclesiástico. En 1695 entró como bolseiro no Colexio maior de Cuenca da Universidade de Salamanca.[1] En 1710 Filipe V nommeouno presidente da Real Chancillería de Valladolid, e posteriormente comisario xeral da Santa Cruzada con residencia en Madrid.

En febreiro de 1715 foi comisionado como inquisidor xeneral, aínda que non chegou a exercer.[2] Ese mesmo ano foi elixido bispo de Osma, pero entre xuño e outubro ocupou a presidencia do Consello de Castela (restablecida logo da abolición das reformas decretadas na Nueva Planta), polo que non ocupou a diocese ata novembro. En 1720 foi promovido ao arcebispado de Sevilla, onde morreu aos 54 anos. Fue soterrado na igrexa do Sagrario de Sevilla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Juan Loperráez Corvalán: Descripcion histórica del obispado de Osma, páxs. 554 - 556.
  2. José F. Alcaraz Gómez: Documentos: Felipe V y sus confesores jesuitas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]