Feira de Betanzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 43°16′55″N 08°12′41″O / 43.28194, -8.21139

Feira de Betanzos.
Feira de Betanzos.

A feira de Betanzos é un encontro comercial que se celebra na vila de Betanzos os días 1 e 16 de cada mes (agás o 1 de decembro que pasa ao 30 de novembro). Está organizada polo concello, e regulada pola Ordenanza reguladora da venda ambulante de 2005[1]. Ten lugar no Campo da Feira, entre a Praza dos irmáns García Naveira, o Cantón de Claudino Pita e a rúa do Castro.

Historia[editar | editar a fonte]

O campo da feira de Betanzos ten a súa orixe no traslado da vila á localización actual en 1219. O terreo, situado fóra da muralla que protexía a vila, foi mercado ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.

En 1341 o rei Fernando III de Castela concedeu un privilexio para realizar unha feira o primeiro día de cada mes. En 1467 o rei Henrique IV de Castela concedeu a celebración dunha feira franca do 1 ao 30 de novembro, na que se podía comerciar con todo tipo de produtos sen necesidade de pagar impostos. En 1871 o municipio estableceu a celebración dunha feira tamén cada día 16.

Destacan as feiras que coinciden cun día festivo, como o 1 de xaneiro (Aninovo), en que aumenta o consumo de chocolate con churros. O 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores e Festa dos maios, adoita venderse flores, plantas e produtos da horta de primavera. O 16 de agosto, día de San Roque son as Festas de San Roque de Betanzos. O 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, adoitan venderse flores e castañas coincidindo co magosto. O 30 de novembro, Santo André, ten moita tradición por ser antigamente o día final da feira franca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ordenanza reguladora da venda ambulante; concello de Betanzos, 9 de maio de 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]