Federico Lamela Reino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFederico Lamela Reino
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Vimianzo Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 1950 Editar o valor em Wikidata (44/54 anos)
A Ponte do Porto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Federico Lamela Reino, nado en Vimianzo cara a 1905 e finado na Ponte do Porto nos anos cincoenta, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Lamela Ameijenda. En maio de 1933 foi ingresado no manicomio de Conxo pola Audiencia da Coruña. Militante cenetista, interveu no conflito no Sanatorio de Conxo convocado polo Sindicato de Camareros. Fuxiu do manicomio en setembro de 1934 con outros enfermos recluidos por orde xudicial. En outubre de 1935 volveu ingresar na institución. Nomeado oficinista interino do Concello de Vimianzo en marzo de 1936,[1] foi o encargado da custodia e atención dos sete sacerdotes detidos polo alcalde de Vimianzo por negarse a cumprir a orde de secularización dos cemiterios. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi xulgado na Coruña por rebelión na causa 1367/36 con outros veciños de Vimianzo e foi declarado fuxido e en rebeldía. Reclamado polo xulgado de Corcubión en outubro de 1936.[2] Empregou o nome falso de Juan Durán Iglesias. Foi detido en Tordoia en 1938. Xulgado na Coruña por rebelión foi condenado a cadea perpetua. Estivo nun batallón disciplinario. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939. Encartado na causa 443/45 por rebelion militar, foi detido en Coristanco en xaneiro de 1946.[3] Detido na Prisión da Coruña, saíu en liberdade condicional en 1948.[4] Volveu ser detido en decembro. Moreu na indixencia na Ponte do Porto.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]