Faustino Cela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Faustino Cela Sanmartino")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Faustino Cela
Nacementoanos 1890
 Baralla
Falecementoanos 1980
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Faustino Cela Sanmartino, nado en Neira de Xusá cara a 1898 e finado nos anos oitenta, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo. Organizou con Evaristo Correa Calderón, Paulino Pardo Neira e Casiano Díaz Moreno a Irmandade da Fala de Baralla en 1917. Licenciouse en Dereito en 1923.[1] Foi cabo do Somatén de Neira de Xusá (1924),[2] e secretario do Concello de Neira de Xusá dende 1925, cesando no posto en 1927 por traslado a Becerreá.[3] Foi un dos asinantes do manifesto anticaciquil dirixido ao distrito de Becerreá en maio de 1930 con Mauro Fernández, José de Boado e Octavio García.[4] Participou no mitin agrario de Becerreá do 28 de marzo de 1931.[5] Na República militou na ORGA,[6] foi elixido vogal do Comité provincial do Partido Republicano Gallego polo partido de Becerreá en maio de 1932,[7] e despois foi directivo de Izquierda Republicana en Neira de Xusá. Foi secretario interino do Concello de Neira de Xusá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi xulgado en Lugo por rebelión e declarado en rebeldía. Foi sancionado con multa polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1940.[8] Despois de estar fuxido e exiliado, volveu en 1949. Retomouse o proceso polo delito de auxilio á rebelión e foi sobresido. Colaborou coa guerrilla antifranquista. Volveu exercer como avogado a partir dos anos cincoenta.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Lugo con Rosalía Iglesias Rodríguez, filla de Manuel Iglesias Chaos, en xaneiro de 1930,[9] e foi pai de Manuel Cela Iglesias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 8-8-1923, p. 2.
  2. Boletín Oficial del Cuerpo de Somatenes Armados de la 8ª Región, 3-2-1924, p. 11.
  3. El Correo de Galicia, 1-5-1927, p. 7.
  4. "Galicia en marcha", El Pueblo Gallego, 13-5-1930, p. 9.
  5. El Pueblo Gallego, 2-4-1931, p. 7.
  6. El Pueblo Gallego, 13-3-1932, p. 7.
  7. Las Riberas del Eo, 14-5-1932, p. 10.
  8. BOE, 8-6-1940, p. 2787.
  9. El Progreso, 11-1-1930, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]