Fatu Huku
Aparencia
Fatu Huku | |
---|---|
Fatu Huku desde Hiva Oa | |
Localización | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas Marquesas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 9°26′S 138°55′O / -9.433, -138.917 |
Xeografía | |
Superficie | 1´3 km² |
Punto máis alto | 361 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Fatu Huku é unha illa das Marquesas, na Polinesia Francesa. Está situada no grupo sur do arquipélago, incluída na comuna de Hiva Oa que se atopa a 20 km ao sur.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa é pequena e está deshabitada, cunha superficie de 1´3 km². Consiste nun plano elevado de 361 metros de altitude. Unha lenda explica que antes era unha illa fértil e verde. Tanaoa, deus dos pescadores, virou a illa enteira e así se explica a existencia de coral no centro da illa.
Historia
[editar | editar a fonte]Fatu Huku foi descuberta polo inglés James Cook en 1774. Denominouna Hood, nome do mariñeiro de 16 anos que foi o primeiro en vela, Alexander Hood.