Faro do castelo de Santo Antón
Datos xerais | |
---|---|
Localización xeográfica | Illa de Santo Antón, A Coruña |
Localización municipal | A Coruña, provincia da Coruña |
Construción | 1872 |
Datos técnicos - faro en uso | |
Código internacional | D-1716 |
Descrición | Torre hexagonal |
Altura sobre o nivel do mar | 17 metros |
Altura sobre o terreo | 6 metros |
Características | FI(2) G 7s |
Período | |
Alcance | 5 millas náuticas |
O faro do Castelo de Santo Antón é un faro situado dentro dos muros do Castelo de Santo Antón, nunha illa do porto da Coruña, na provincia da Coruña, en Galicia. Está xestionado pola autoridade portuaria da Coruña.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O Castelo de Santo Antón data do século XVI e formou parte dun conxunto de castelos e baterías de defensa costeira da cidade da Coruña. Desde 1994 o xacemento está clasificado como Ben de Interese Cultural de Galicia e alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.
Trátase dunha torre hexagonal de pedra marrón de 7 m. de altura, cunha lanterna cuxa cúpula está pintada de verde. O faro está situado preto do extremo oriental da fortaleza, que agora está unida á cidade por unha calzada do paseo marítimo. O sitio da fortaleza está aberto todos os días. É unha luz de porto verde que emite 2 lampos cada 7 segundos nun plano focal de 17 m.
Galería
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ "Map of Lighthouses under the scope of the Port Authority of A Coruña". Autoridad Portuaria de La Coruña. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faro do castelo de Santo Antón |