Faro de Punta Frouxeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°37′5″N 8°11′18″O / 43.61806, -8.18833

Faro da Frouxeira

O faro de Punta Frouxeira é un faro da costa atlántica galega, situado na punta Frouxeira, na parroquia de Meirás (Valdoviño).

Construído en 1992 pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, cun deseño vangardista, non empeza a operar ata xuño de 1994, en modo de proba, pasando a definitivo en novembro do mesmo ano. Ten unha elevación de 94 metros sobre o nivel do mar e un alcance de 21 millas.

Ó pé do faro están situadas as praias dos Botes e da Frouxeira, e moi preto da Lagoa da Frouxeira

Galería de imaxes

Características

  Faro da Punta Frouxeira
Código D-11690
Descrición Torre rectangular de formigón
Altitude 30 m.
Características Gp D (5) B 15s
Período (0.15+<0.2>)*4+0.15+<6.25>=15
Alcance 20 millas náuticas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas