Farid Mammadov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Farid Mammadov
Fərid Məmmədov
Farid Mammadov, ESC2013 press conference 01.jpg
Data nacemento30 de agosto de 1991 (31 anos)
Nado enBakú
OcupaciónCantante
XéneroPop, Jazz
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo2012 - actualidade
Na rede
IMDB: nm7391531 Facebook: faridmammadov.esc Twitter: farid_esc Instagram: farid_officialpage Spotify: 0qlv7Dt4XrQYiH5HZ9UT7T Musicbrainz: 4858a7cc-e2e1-463d-a1c3-ff44b7a1ff36 Discogs: 3267865 Allmusic: mn0003109437 Deezer: 4814220 Genius: Farid-mammadov Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Farid Mammadov (en acerbaixano: Fərid Məmmədov) é un cantante acerbaixano, coñecido internacionalmente por representar a Acerbaixán no Festival de Eurovisión 2013 coa canción "Hold me" (en galego: "Apértame").[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Mammadov naceu en Bakú. Dende a súa infancia, formou parte do conxunto musical Bulbul dirixido por Aybaniz Hashimova, sendo o solista principal por un longo tempo. É alumno da Universidade Estatal Azarí de Cultura e Artes. Traballa para o Centro de Jazz de Bakú. En marzo de 2013, Mammadov gañou a final nacional azarí para o Festival de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö, Suecia. Foi o primeiro solista masculino que representou o país. En 2013, Farid Mammadov, gañou a preseleción, o Milli Seçim Turu 2013, coa canción "Hold Me" conseguindo o 1º posto, 139 puntos, da segunda semifinal do Festival da Canción de Eurovisión 2013. Na final, partindo como un dos favoritos, conseguiu o 2º posto, con 234 puntos.[2]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Farid Mammadov con Hold me representará a Azerbaiyán en Malmö 2013". eurovision-spain.com. 14-03-13. 
  2. ""Eurovision-2013" təmsilçimiz dünya çempionunun oğlu imiş - VİDEO - FOTOSESSİYA". milli.az (en azarí). 15-03-13. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2013.