Familia real portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Familia real portuguesa era a familia constituída polo monarca portugués e polos seus familiares directos. Tras a implantación da República o 5 de outubro de 1910, Portugal deixou de ter familia real. Actualmente, reivindican a titularidade de seren da familia real portuguesa membros da familia da Casa de Bragança e membros da familia da Casa de Bragança-Saxonia-Coburgo-Gotha.

No pasado, aos diversos membros da familia real éranlles recoñecidos os seguintes tratamentos de honra:

  • A Súa Maxestade Fidelísima, reservado ao rei e á raíña;
  • A Súa Alteza Real, reservado ao herdeiro do trono (príncipe) e ao primoxénito deste, que ademais levaba o título de Príncipe da Beira;
  • A Súa Alteza, reservado para os demais fillos do rei;
  • A Súa Excelencia, outorgado aos restantes membros da familia real (así como ás persoas que detivesen títulos de nobreza).

Últimos membros legais[editar | editar a fonte]

Formaban parte da familia real portuguesa no momento da implantación da República Portuguesa as seguintes persoas:

Reivindicacións[editar | editar a fonte]

Actualmente, membros da Casa de Bragança reivindícanse como lexítima familia real portuguesa, así como o emprego deses títulos de honra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]