Saltar ao contido

Fala o fistor e fáise o dia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fala o fistor e fáise o dia
 Título
Fala o fistor e fáise o dia Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua
Temática
 Tema principal
Publicación
 Edicións
Datas
 Data de publicación
1982 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Identificadores
Goodreads21139967 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL5411504W Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Fala o fistor e fáise o dia é unha obra en lingua galega da filóloga francesa Martine Roux, editada por Ediciós do Castro en 1982, na serie Liminar de lingüística.

Características

[editar | editar a fonte]

A obra escolma "algúns aspectos da tradición oral galega na parroquia do Cebreiro". É o resultado da súa tese doutoral, presentada na Facultade de Letras e Ciencias Humanas da Universidade de Nantes o 26 de xuño de 1979, con dirección de Antoine Resano.

Nos agradecementos a autora explica que foi Álvaro Cunqueiro quen lle recomendou que fixese a súa investigación no Cebreiro. A transcrición dos textos foi revisada por Francisco Fernández Rei, e o traballo contou coa colaboración de Carlos Alonso del Real, quen foi partícipe da publicación e escribiu o prólogo da obra.

Na introdución inclúese unha caracterización lingüística, na que se explica as características propias do galego oriental. O traballo en si está estruturado en catro apartados: "Miseria e traballo", "Vida e morte", "Maxia, relixión" e "Os tempos pasados". Cada apartado inclúe diversos relatos orais dos informadores, comentados ao final pola autora.

A loita por supervivir é o centro de tódalas preocupacións do paisano galego e isto dende hai séculos: o tema da miseria, da fame... é dominante ó longo destes contos e prevalece aínda sobre a da angustia frente á morte.
Anotacións finais a cargo da autora.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]