Saltar ao contido

Faiza Al-Kharafi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFaiza Al-Kharafi
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Cidade de Kuwait Editar o valor en Wikidata
Reitora
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Ain Shams
Universidade de Kuwait Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Kuwait Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAli Mohammed Thunayan Al-Ghanim Editar o valor en Wikidata
FillosMarzouq Al-Ghanim Editar o valor en Wikidata
IrmánsFawzi Al-Kharafi Editar o valor en Wikidata
Premios

Faiza Al-Kharafi nada en 1946, é unha química e académica kuwaití. Dirixiu a Universidade de Kuwait de 1993 a 2002. En 2011 recibiu o Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia polo seu traballo sobre a corrosión.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia acomodada. Obtivo unha licenciatura en ciencias na Universidade Ain Shams do Cairo en 1967. Despois fixo un máster en 1972 e un doutoramento en 1975. Traballou no departamento de Química da Universidade de Kuwait de 1975 a 1981. En 1984 foi elixida presidenta deste departamento. De 1986 a 1989,foi decana da facultade de ciencias. O 5 de xullo de 1993, foi nomeada reitora polo emir Xabir al-Ahmad al-Xabir al-Saba, converténdoa na primeira muller de Oriente Medio en dirixir unha universidade. Foi a súa directora ata 2002.

A súa investigación versa sobre o impacto da corrosión nos sistemas de refrixeración dos motores, nas unidades de destilación de petróleo e nas salmoiras xeotérmicas a altas temperaturas. Tamén estudou o comportamento electroquímico de aluminio, cobre, platino, niobio, vanadio, cadmio, latón, cobalto e aceiro baixo carbono.[3] Xunto co seu equipo de investigación, descubriu unha nova clase de catalizadores a base de molibdeno, un elemento químico que permite mellorar o índice de octano da gasolina sen producir benceno .[4] En 1998 formou parte do consello de administración da Universidade das Nacións Unidas e da Fundación Kuwait para o Avance das Ciencias.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2005: formou parte das 100 mulleres máis poderosas do mundo segundo a revista Forbes. [5]
  • 2006: Premio Kuwait de Ciencias Aplicadas.
  • 2011: Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia polo seu traballo sobre a corrosión, un problema de fundamental importancia para o tratamento da auga e para a industria petroleira.[6][7]
  1. "Mujeres científicas". woman.elperiodico.com (en castelán). 2011-03-08. Consultado o 2021-12-18. 
  2. "Las mejores científicas del año 2010-". Natura - Medio Ambiental (en castelán). 2010-11-22. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-18. 
  3. Biografía sobre el website de Kuwait-PUSO Center for Natural Resources and the Environment
  4. (en grego)Présentation des recherches de Faiza Al-Kharafi
  5. Middle Eastern Women To Watch
  6. 13.º Premio L'Oréal-UNESCO para las Mujeres y la Ciencia, 2011
  7. Vídeo de presentación de sus investigaciones en el marco del premio L'Oréal-Unesco para las mujeres y la ciencia 2011