Factor de crecemento transformante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O factor de crecemento transformante ou TGF (do inglés Transforming Growth Factor), ás veces denominado factor de crecemento tumoral, é o nome que se lle dá a dous factores de crecemento polipeptídicos: TGFα e TGFβ.

En realidade, o nome "factor de crecemento transformante" é un pouco arbitrario, xa que as dúas clases de TGFs non están relacionados nin estrutural nin xeneticamente entre elas, e actúan a través de distintos mecanismos receptores. Ademais, non sempre inducen a transformación celular, como parece suxerir o seu nome, e non son os únicos factores de crecemento que poden inducir a transformación celular.

Tipos[editar | editar a fonte]

Función[editar | editar a fonte]

Estas proteínas foron caracterizadas orixinalmente pola súa capacidade de inducir a transformación oncoxénica nun sistema de cultivo celular específico, os cultivos de fibroblastos de ril de rata. A aplicación de TGFs a fibroblastos de ril de rata normais induce que as células cultivadas proliferen e experimenten un sobrecrecemento, que xa deixa de estar suxeito á inhibición normal causada polo contacto entre células.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matt, P; Schoenhoff, F; Habashi, J; Holm, T; Van Erp, C; Loch, D; Carlson, OD; Griswold, BF; Fu, Q; De Backer, J; Loeys, B; Huso, DL; McDonnell, NB; Van Eyk, JE; Dietz, HC (Aug 2009). "Circulating transforming growth factor-β in Marfan syndrome". Circulation 120 (6): 526–32. PMC 2779568. PMID 19635970. doi:10.1161/CIRCULATIONAHA.108.841981. 
  2. Inhibiting TGF to help Marfan

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]