Fabio Maria Asquini
Fabio Maria Asquini | |
---|---|
![]() | |
Cardeal da Igrexa católica | |
Biografía | |
Nacemento | 14 de agosto de 1802 en Fagagna |
Pasamento | 23 de decembro de 1878 en Roma |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 26 de febreiro de 1825 |
Consagración episcopal | 8 de outubro de 1837, por Carlo Odescalchi |
Creado cardeal | 22 de xaneiro de 1844, por Gregorio XVI |
Secretario dos Breves Apostólicos |
Fabio Maria Asquini, nado o 14 de agosto de 1802 en Fagagna e finado o 23 de decembro de 1878 en Roma, foi un eclesiástico católico latino, cardeal da Igrexa católica dende 1844, quen desempeñou varios encargos na Curia Romana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu o 14 de agosto de 1802 en Fagagna. O 26 de febreiro de 1825 foi ordenado sacerdote.
O 2 de outubro de 1837 foi nomeado arcebispo titular de Tarso. Recibiu a consagración episcopal o 8 de outubro seguinte de mans do cardeal Carlo Odescalchi.
O 22 de decembro de 1837 foi nomeado nuncio apostólico en Sicilia.
O 9 de abril de 1839 foi nomeado secretario da Congregación dos Bispos e Regulares.
O 22 de xaneiro de 1844 o papa Gregorio XVI creouno cardeal in pectore e nomeouno patriarca titular de Constantinopla.
Foi proclamado cardeal publicamente o 24 de abril de 1845, co título de cardeal-presbítero de Santo Stefano al Monte Celio. Participou no conclave de 1846 que elixiu a Pío IX.
O 2 de maio de 1847 foi nomeado prefecto da Congregación para as Indulxencias e as Reliquias.
O 8 de maio de 1863 foi nomeado prefecto da Congregación da Inmunidade Eclesiástica. Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[1]
O 12 de xullo de 1872 foi nomeado secretario da Secretaría dos Breves aos Príncipes e para as Cartas Latinas. O 21 de setembro de 1877 foi nomeado cardeal-presbítero de San Lorenzo in Lucina.
Participou no conclave de 1878 que elixiu a León XIII. Finou no cargo o 23 de decembro de 1878, en Roma.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 5.
Asquini Fabio Maria Cardinale dell'Ordine dei Preti.