FIP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FIP
LocalizaciónParís, Francia
Área de radiodifusiónFrancia
Eslogan"Respirez, vous êtes sur FIP"
("Respira, estás en FIP")
Frecuencia105.1 MHz (París)
90.9 MHz (Marsella)
Outras frecuencias
Primeira emisión5 de xaneiro de 1971
FormatoJazz, World, Chanson, Rock, Clásica
Lingua(s)Francés
ClaseRadio pública
PropietarioRadio France
Estacións irmásFrance Bleu
France Culture
France Info
France Inter
France Musique
Le Mouv'
Na rede
https://direct.fipradio.fr/live/fip-midfi.mp3 e https://icecast.radiofrance.fr/fip-midfi.mp3 Webcast
http://www.fipradio.fr/
Facebook: fipradio Twitter: fipradio Instagram: fipradio Souncloud: fip-radio Musicbrainz: e90f7e6b-c8a4-4203-b9ca-1f5cee93d3ed Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

FIP (orixinalmente France Inter Paris) é unha emisora de radio francesa de ámbito nacional pertencente á cadea pública Radio France. Iniciou as súas emisións o 5 de xaneiro de 1971.

Formato[editar | editar a fonte]

O concepto que hai detrás de FIP apenas cambiou dende a súa creación: música continua, interrompida só para boletíns de tráfico, anuncios ocasionais sobre próximos eventos, e emisión de noticias breves 10 minutos antes de cada hora, pero sen publicidade.

A programación de FIP é unha mestura ecléctica de xéneros musicais: chanson, clásica, música de cine, jazz, rock, música do mundo e máis, pero poñendo un especial coidado no paso dun tema a outro. FIP é unha das poucas emisoras do mundo en transmitir este tipo de programación durante todo o día.

Historia[editar | editar a fonte]

A emisora foi creada o 5 de xaneiro de 1971 por Jean Garetto e Pierre Codou, ambos presentadores de fin de semana en France Inter. Emitía desde París, en 514 m (585 kHz) na onda media, de aí o seu nome orixinal France Inter Paris 514. Destacou polo seu particular estilo de programar e o ton doce dos seus locutores informando dos problemas de tráfico con humor e ironía.

Logo de París, a emisora foi emulada noutras cidades (Lión, Marsella e así sucesivamente), nas cales emiten a mesma música e noticias cos eventos e o estado do tráfico local. A letra P en FIP cambia segundo a localización: FIB, FIL, FIM e así sucesivamente.

Como a maioría de emisoras de Radio Francia, FIP pasou á FM e estéreo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]