FC Barcelona, unha nova era

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

FC Barcelona, unha nova era
FormatoDocumental
Desenvolvido porBarça Studios
Dirixido porMarc Pons Molina
País de orixeEspaña España
Lingua(s)Castelán, catalán e inglés
Episodios5
Produción
Localización(s)Barcelona
Duración30 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeAmazon Prime Video
Primeiro episodio28 de decembro de 2022
Derradeiro episodio28 de decembro de 2022
Na rede
IMDB: tt24901692 Filmaffinity: 244525 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

FC Barcelona, unha nova era (en catalán: FC Barcelona, una nova era) é unha serie documental española de 2022 dirixida polo xornalista Marc Pons Molina. Estreouse o 28 de decembro de 2022 no catálogo de Amazon Prime Video. Gravada orixinalmente en varias lingua, entre eles castelán, catalán e inglés,[1] tamén ten unha versión subtitulada en galego.[2] Foi producido por Barça Studios e cada episodio ten unha duración aproximada de media hora.[3]

A docuserie céntrase nos dous primeiros anos da segunda presidencia de Joan Laporta e na fichaxe de Xavi Hernández como adestrador do primeiro equipo masculino de fútbol do Fútbol Club Barcelona. Tamén describe os distintos procedementos de reestruturación financeira do club e conta con varias imaxes gravadas desde o interior das oficinas e vestiarios.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Desdelsofà.cat (ed.). "FC Barcelona: una nova era". Consultado o 2022-12-06. 
  2. pipocas.amesa.gal (ed.). "FC Barcelona, unha nova era". Consultado o 19 de xullo de 2023. 
  3. El Cinèfil, ed. (2022-11-17). "La docusèrie per descobrir el nou FC Barcelona des de dins". Consultado o 2022-12-07. 
  4. "’FC Barcelona, a new era’ obre el nou Barça al públic a Prime Video". El Periódico. 2022-11-17. Consultado o 2022-12-07. 
  5. NacióDigital (ed.). "«Una nova era»: així s'explicaran els dos últims anys del Barça des de dins". Consultado o 2022-12-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]