Félix Parada Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFélix Parada Martínez
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata

Félix Parada Martínez é un empresario e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Propietario dunha empresa de distribución por xunto de cervexa. En 1991 foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Verea, encabezado por Manuel Nieto Rivero, do cal pasou a se-lo primeiro tenente de alcalde. Trala retirada de Nieto Rivero, nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG, se ben xa asumiu a alcaldía en funcións por mor da morte do seu predecesor uns días antes da investidura. Gobernou en coalición cos nacionalistas ata que os expulsou do goberno en maio de 2004.[1] Estes, como vinganza, abandonaron as filas do BNG e en xullo dese mesmo ano apoiaron unha moción de censura que lle deu a alcaldía ó PPdeG.[2]

Volveu encabeza-la candidatura do PSdeG nas municipais de 2007, sen conseguir recuperar o bastón de mando tras conseguir o PPdeG a maioría absoluta. Encabezou a candidatura socialista en 2011 e 2015, novamente sen éxito.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Manuel Nieto Rivero
 
Alcalde de Verea
 
2003 - 2004
Sucesor:
Juan Antonio Martínez González